Cousas da Galiza
4 meneos
cerrado
4 clics

Galicia gaña 5.713 habitantes en 2023, con Lugo como a única provincia que perde poboación

Galicia gañou 5.713 habitantes en 2023, ata situarse nos 2.696.177 galegos, segundo as 'Cifras oficiais de poboación dos municipios españois' correspondentes á revisión do Padrón municipal de 2023, publicadas este martes polo Instituto Nacional de Estatística.
Así, todas as provincias da Comunidade gañaron poboación excepto Lugo. En concreto, esta rexión quedou nos 323.956 habitantes, 33 menos que hai un ano. No que respecta ao sete grandes cidades, todas elas gañaron poboación no último ano menos Ferrol e Pontevedra, que perderon 268 e 293 persoas, respectivamente, ata quedar con 63.890 e 82.535 habitantes.
3 meneos
cerrado
3 clics

O CAAN da Deputación de Pontevedra supera as 500 adopcións no que vai de ano

O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra acaba de superar as 500 adopcións no que vai deste ano. Esa cifra acadouse coa marcha de “Grubi”, unha cadela que fora recollida en Pontecesures hai un mes e que atopou un novo fogar fóra de Galicia, concretamente en Ávila. Pero son xa 504 os cans e cadelas que saíron das instalacións da Armenteira desde o 1 de xaneiro, cunha media de 1,7 adopcións diarias, o que supón un incremento de preto do 5% con respecto ao mesmo período do 2022, en que se sumaban 481. No que se refire á comunidade galega, a meirande parte das saídas producíronse na mesma provincia de Pontevedra (338), seguidas das 39 en Ourense, 35 en Lugo e 20 na Coruña.
2 meneos
cerrado
1 clics

Denuncian a todo o Consello da Xunta ante o TSXG por prevaricación

Ecoloxistas en Acción presentou denuncia na sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ao considerar que o Consello da Xunta, presidente e conselleiros, cometeu delito de prevaricación ao declarar de interese autonómico o proxecto GS360 do presidente do Celta.

Ecoloxistas en Acción denuncia o historial de irregularidades na actuación da entidade “Real Club Celta de Vigo, S.A.D”, e do Goberno local do concello de Mos, en relación ás obras das instalacións deportivas, chamadas a cidade deportiva do Celta. Obras executadas en terreos forestais de especial protección en Mos. Unhas instalacións que agora a Xunta de Galicia pretende legalizar coa tramitación do “Proxecto de Interese Autonómico denominado Factoría do Deporte Gallego – Galicia Sports 360”.
3 meneos
cerrado
1 clics

A Xunta non levanta actas do comité que supervisa como Ence subvenciona con 3 millóns ao ano a 300 entidades de Pontevedra

A figura dos pactos ambientais é un acordo voluntario ao que unha empresa pode chegar coa Xunta para planificar diversas actuacións. Ao longo dos anos a Xunta asinou varios e o de Ence concretouse despois de que a comezos de 2016 a empresa obtivese a polémica prórroga da súa concesión en Pontevedra por parte do Goberno en funcións de Mariano Rajoy. O Goberno galego publicitouno como unha caste de compensación ou beneficio da empresa á sociedade pontevedresa e galega en xeral. O pasado marzo o delegado provincial da Xunta e agora presidente da Deputación, Luis López, mesmo gabou a "celeridade" dese comité na convocatoria deste ano, que vén de ser resolta hai un mes. Porén, agora a consellería revela, en resposta a unha petición oficial de transparencia formulada por Praza.gal, que non levanta actas das reunións desa comisión que supervisa como se reparten os cartos.
2 meneos
cerrado
2 clics

Francisco Castro dimite como director xeral da editorial Galaxia

O escritor xustifica a súa renuncia pola falta de resposta da editorial ante a polémica xurdida tras una entrevista de Alberto Ramos. No comunicado en X, Castro lembra que a fundación de Galaxia por persoeiros como Ramón Otero Pedrayo, Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro ou Xaime Isla Couto "é un soño colectivo iniciado en 1950 por un monllo de loitadores e loitadoras antifascistas que consideraron que a cultura podía ser unha inigualable munición contra o totalitarismo, e que, ademais, puxeron ese nobre obxectivo por diante dos seus intereses persoais". "Se

5 meneos
cerrado
2 clics
O Sergas di non ter persoal para 800 interrupcións voluntarias do embarazo ao ano e as subcontrata por 460.000 euros

O Sergas di non ter persoal para 800 interrupcións voluntarias do embarazo ao ano e as subcontrata por 460.000 euros

A Consellería de Sanidade sacou a concurso este martes a contratación dun servizo de interrupción voluntaria dos embarazos de menos de 14 semanas de xestación e que non impliquen risco para a embarazada. O contrato, por tres anos prorrogable ata cinco, estima que cubrirá unhas 800 interrupcións ao ano cun custo estimado duns 460.000 euros. Segundo as estatísticas oficiais da Xunta, en 2022 houbo en Galicia preto de 3.000 interrupcións voluntarias totais, sen contar as terapéuticas.
O propio Sergas xustifica a subcontratación na súa "falta de recursos, tanto materiais como humanos", e neste último eido apunta ao "dereito de exercer a obxección de conciencia" do seu persoal "sen que o acceso e a calidade asistencial da prestación poidan resultar menoscabadas".
3 meneos
cerrado
8 clics

Detectan en Moaña exemplares do ‘mosquito tigre’, potencial transmisor de dengue, chikungunya ou Zica

A Dirección Xeral de Saúde Pública (Sergas) advertiu este mércores sobre a aparición en Moaña de exemplares do mosquito ‘aedes albopictus’, coñecido como ‘mosquito tigre’, e é a primeira vez que se detecta en Galicia. Este mosquito é un potencial transmisor de enfermidades como os virus do dengue, chikungunya ou Zika, e en consecuencia, o protocolo previsto no Plan Nacional leva tomar medidas para previr o risco, aínda que aínda non se puido confirmar a presenza de ningún destes patóxenos nos exemplares localizados en Moaña.
3 meneos
cerrado
4 clics

Julián Hernández recollendo a medalla Castelao  

Reivindica a memoria de Castelao, recorda a todos os compoñentes históricos de Siniestro Total: "Somos un grupo de rock and roll e tocamos a toda hostia" e di "cando os de ZZ Top falaban co noso produtor americano referíanse a nós como 'os vosos amigos anarco-comunistas galegos', pero aínda ben, levamos 40 anos sen pisar a Audiencia Nacional".
Na web da TV Galega: www.g24.gal/-/este-mediodia-faise-a-entrega-das-medallas-castelao
3 meneos
cerrado
14 clics

Descobren un pene de pedra que se utilizaba no Reino de Galiza hai cinco séculos, durante as guerras Irmandiñas, para afiar armas

O "pene de pedra" das guerras irmandiñas desenterrado na Torre de Meira dá a volta ao mundo. O artefacto esperta o interese dos arqueólogos pola súa forma, pouco habitual na época medieval, e mesmo das páxinas do National Geographic.
Este enigmático obxecto de 15 centímetros en forma de pene foi desenterrado na Torre medieval de Meira, situada na Ría de Vigo por un equipo de expertos que estima a súa antigüidade nuns 500 anos.
Aínda que ao principio os investigadores de Arbore Arqueoloxía non entendían o propósito do obxecto, agora cren que o pene podería ter unha función moito máis…
3 meneos
cerrado
3 clics

A CIG faise coa maioría absoluta no comité de Amazon en Porriño a primeira vez que se escolle representación

A FGAMT-CIG fíxose coa maioría absoluta nas eleccións sindicais que se veñen de celebrar na central loxística e de distribución que Amazon ten no polígono porriñés da Granxa ao lograr 4 dos 5 delegados/as do comité de empresa a primeira vez que se escolle representación. No proceso que tivo lugar recentemente no centro de traballo porriñés de Amazon a central sindical colleitou 60 votos do total de 83 emitidos (dun censo de 96 persoas), mentres que un sindicato independente, o único que foi quen de presentar candidatura ademais da CIG.
5 meneos
cerrado
5 clics

'Galegofobia' na CRTVG: Estes foron os comentarios contra o galego de dous tertulianos da Radio Galega denunciados por Defende a Galega  

Non todo foi celebración e reivindicación este Día das Letras Galegas. No faladoiro da mañá da Radio Galega, no programa 'Galicia por Diante', dous dos participantes cuestionaron a “utilidade” da lingua galega e criticaron a súa “imposición”, até o punto de mentir afirmando que a meirande parte das materias nos centros de ensino son impartidas en galego. Denunciouno, a través das redes sociais, o colectivo Defende a Galega. María Jamardo, xornalista en El debate e quen fora presidenta do partido Sociedad Civil y Democracia (SCD), partido fundado polo empresario e político Mario Conde,…
3 meneos
cerrado
23 clics

Veciñanza alega contra a autovía da Xunta que afectaría a reserva da biosfera do Rato

A decisión da Xunta da Galiza de construír unha autovía sobre a reserva da biosfera do río Rato está a provocar unha gran contestación social en Lugo. Esta terza feira mesmo, entidades ecoloxistas, organizacións políticas e veciñanza das zonas afectadas rexistraron as súas alegacións contra esta proposta.

O proxecto de executar unha autovía sobre o parque do río Rato arranca do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Lugo de 2003. A proposta, impulsada polo Goberno socialista de José López Orozco, recollía a construción dunha vía entre a N-640 e a A-6 co obxectivo de desconxestionar a…
4 meneos
cerrado
112 clics

O PP admite estar detrás das denuncias sobresidas a Gómez Besteiro de 2013

Os populares pronunciáronse tras difundir o PSdeG varios documentos que proban non só que Candia entregou documentación recibida de forma anónima, senón que fixo unha declaración testifical ante o fiscal. Previamente, o presidente galego e líder do PP no país, Alfonso Rueda, pedira aos socialistas "non facer política" cun asunto que "saben dabondo que non é certo", algo que, co recoñecemento do PP de Lugo, demostra ser unha mentira do presidente do Executivo galego.
2 meneos
cerrado
108 clics

Galiza concentrará case a metade da extensión eólica mariña do Estado con 2.114 quilómetros cadrados

O Goberno aproba catro polígonos na costa cantábrica e un quinto a 21 quilómetros da desembocadura do Miño. Galiza converterase no gran provedor de enerxía eólica mariña de España. Dos 19 polígonos autorizados este martes polo Consello de Ministros, que aprobou os primeiros plans de ordenación do espazo marítimo (POEM), cinco sitúanse no mar galego, cunha superficie total de 2.114 quilómetros cadrados, o 43% do total. Catro deses novos parques galegos situaranse na costa Cantábrica, e o quinto na desembocadura do río Miño. Este será o máis próximo á costa dos galegos, a apenas 21 quilómetros,…
2 meneos
cerrado
4 clics

Muíños contra cabalos: así é a ameaza eólica de Sabucedo que denunciou Sorogoyen nos Goya

O director de 'As Bestas' enxalzou o labor da asociación galega que defende as mandas salvaxes, agora en perigo por catro parques. Segundo explica Vicente Monteagudo, adoitan ter “moitos problemas” coa entrada de bestas en parcelas privadas que rodean o monte. Coa construción dos aeroxeradores, os cabalos vanse deslocalizar aínda máis, moveranse e baixarán ás aldeas, xerando problemáticas coa veciñanza. “Vanse construír enormes rotondas e pistas que van facer que sexa máis fácil roubar gando, agravando aínda máis o problema”.
2 meneos
cerrado
6 clics

A nova ministra de Cultura do Brasil cantou a "Portugaliza" a través de Ponte nas Ondas  

Margareth Menezes colaborou coa entidade e mesmo compuxo e interpretou o tema central do 15º aniversario da asociación, en 2009, visitando Galiza un ano despois para participar na Illa de San Simón no concerto 'Cores do Atlántico'.
3 meneos
cerrado
1 clics

Falece José García Buitrón, que foi senador de En Marea e xerente do hospital Universitario da Coruña

O ex-xerente do hospital Universitario da Coruña e exsenador José García Buitrón faleceu este sábado en Madrid aos 77 anos a causa dun accidente cerebrovascular.
En Madrid asistiu o venres ao consello cidadán estatal de Podemos, partido do que era secretario municipal na Coruña. En 2015 foi elixido senador por En Marea. No seu último chío nas redes sociais concluía: "Estaremos onde sempre, defendendo democracia e progreso social". García Buitrón foi ademais pioneiro dos transplantes en Galicia, xa que foi un dos responsables da primeira intervención de ril no ano 1981. Tamén foi…
2 meneos
cerrado
5 clics

Así será a universidade privada de Abanca: titulacións solapadas coa pública e exclusión do galego

O DOG publica as normas de organización e funcionamento da Universidade Intercontinental da Empresa (UIE), autorizada ás agachadas pola Xunta e que (...)
2 meneos
cerrado
10 clics

Así foi a tormenta explosiva que sacudiu Galicia a noite do xoves. (GAL)

A noite do xoves xa forma parte da historia da meteoroloxía galega. O sistema, que se formou en apenas unhas horas, provocou máis de 6.000 raios en todo o país nunha xornada que volveu bater marcas de temperaturas. cazatormentas.net/sistemas-convectivos-mesoescala-suelos-secos/
2 meneos
cerrado
9 clics

O Reino Unido faise eco dos máis de 200 xogos medievais agochados en Compostela

Tempo de lectura: 2 min.
Entre as rúas do Casco Vello de Santiago de Compostela agóchanse máis de 200 xogos medievais tallados en pedra. A bancada da Paraza do Obradoiro, a Torre da Berenguela ou a balconada da Casa do Cabildo son algúns dos lugares que esconden estes taboleiros, que pasan desapercibidos ante os centos de persoas que cada día pasan ao seu carón.
Que no chan de Santiago se atopen gravados de nove ocos que semellan un tres en raia chamou a atención do diario The Guardian, que publicou un artigo que destaca que na cidade galega se poidan atopar máis de 200 taboleiros, todos eles…
3 meneos
cerrado
12 clics

A Illa de Creba: centos de anos de historia mercados no Franquismo para unha casa de luxo

Situada na ría de Muros e Noia, a illa, que ten unha superficie de 65.398 metros cadrados, atópase a 240 metros do cabo de Uía e pertence á parroquia de Esteiro, no concello de Muros. A súa propiedade é privada, algo contra o que os veciños loitan dende que en 1966, o pai do empresario Emilio Penas Gerpe, actual propietario, mercase a illa. Risco engadiu á lenda sobre a illa que “os cristiáns acudiron a un home santo o cal mandoulles construír unha capela na illa dedicada á Nosa Señora da Creba”. Actualmente, non queda nada da capela.
2 meneos
cerrado
13 clics

Catro Gatos: En Vigo non queren xente de Ourense  

Vídeo humorístico no programa "Catro gatos" sobre a migración de ourensáns a Vigo.
2 meneos
cerrado
4 clics

Antonio Soto, o galego que liderou a Patagonia Rebelde

Antonio Soto era natural de Ferrol, pero con só 17 anos cruzou o Atlántico cruzou o Atlántico rumbo Arxentina, como fixeron moitos outros galegos, co obxectivo de ter unha vida mellor. Porén, o seu camiño nas terras da Patagonia foi diferente, pois liderou folgas rurais como secretario gremial da produción de lá para exportación. Era o ano 1918 cando Antonio Soto se aliñou ao sector bolchevique, nun contexto no que as condicións laborais que vivían campesiños e inmigrantes se aproximaban á escravitude. Xornadas laborais de entre 12 e 16 horas..
3 meneos
cerrado
5 clics

A vítima do pozo do Cerquido corresponde a un home que vivía no Porriño  

Aínda que as mostras de ADN, tanto da vítima como da súa nai, están pendentes de confirmación ao 100% polo Laboratorio de Criminalística da Garda Civil, en Madrid; todo indica que o cadáver en avanzado estado de descomposición, achado o 21 de febreiro de 2021 nun pozo do Cerquido, é un cidadán portugués de 37 anos, veciño de Vilanova de Cerveira, residente no Porriño e vinculado á compra- venda de vehículos.

Os familiares da vítima, ademais de identificaren o seu retrato, tamén confirmaron, xunto coa historia clínica, unha antiga fractura nun óso dunha man, que coincide co esqueleto do corpo do pozo.
3 meneos
cerrado
16 clics

La RAG aprueba la adaptación en gallego de los nombres de las ciudades de Ucrania

El Seminario de Onomástica de la Real Academia Galega (RAG) ha aprobado, en su última reunión, las adaptaciones al gallego de varios topónimos de Ucrania, la capital y otras ciudades.Como criterio general, el Seminario ha seguido las recomendaciones del grupo de expertos en nombres geográficos de la Organización de las Naciones Unidas (ONU), basadas en el respeto a las formas de cada topónimo en su idioma original.
3 meneos
cerrado
6 clics

Psicogeografia do cinema galego: política, ruralismo e vanguarda

Com o surgimento do novo cinema a Galiza deixou de ser objeto (cenário de produçons alheas) para, por primeira vez, erigir-se em sujeito e falar com voz própria, deixando atrás modelos narrativos importados e dramaturgias comerciais. e superando o realismo social como modo único de representaçom. O novo cinema galego nom fala da Galiza senom que fala desde a Galiza. A sua madurez artística permite-lhe observar e incidir no mundo além das nossas fronteiras. Neste senso som mais galegas as películas marroquinas de Oliver Laxe que as produçons espanholas rodadas nas paisages galegas. Vía Por que ninguén se pregunta porque en Galicia é máis fácil facer filmes rurais?
2 meneos
cerrado
3 clics

Así eran… e aínda son… os cantares de reises en Galicia  

Galicia ten unha rica tradición de panxoliñas de Nadal e cantigas de Reises. Grupos de mozos saían polas rúas das aldeas a cantar panxoliñas o 24 e 31 de Nadal e tamén na tarde do día 5, previa á noite de Reis. Esta era unha tradición moi arraigada en todo o país durante o Nadal. O grupo de mozas e mozos cantaban diante das casas e agardaban despois a recibir un aguinaldo que era en forma de doces (uvas e figos pasos) ou noces e castañas ou tamén en forma de diñeiro. Aquí un exemplo do rico folclore de cantes de reises de Galicia.
3 meneos
cerrado
3 clics

A Torre de Meira, a fortaleza derrubada polos Irmandiños e por Pedro Madruga  

A chamada Torre de Meira foi unha construción que comprendía apenas uns 96 metros cadrados, situada nun promontorio de 140 metros de altitude, pero que formaba parte dun complexo fortificado moito maior. A súa ocupación está documentada desde o século XV e pertenceu ás casas nobiliarias de Meira e Valadares.
A derriba da torre remóntase ás segundas Guerras Irmandiñas (1467-1469). Despois, Pedro Álvarez de Soutomaior, Pedro Madruga, foi o que ordenou a súa destrución até a base no ano 1476. Desde entón, a vella torre foi pasto de lendas.
3 meneos
cerrado
47 clics

Feliz Aninovo

Agora que é Nadal e que o Aninovo nos vai traguer unha luz sin estrenar, chea de posibilidás e de futuro. Agora, meus amigos, irmaos meus, é a hora do amor e da concordia, de poñer cada cousa no seu sitio, de ollar a verdá con ollos limpios i a razón de Galicia sin rodeos. Agora é a hora da xusticia. O intre de alcender o lume dos ensoños e de matar o odio que, como unha serpe, nos roi o corazón.
3 meneos
cerrado
11 clics

Vox Ourense: "¿El PP de Orense se adjudica los colores de la bandera republicana para sus obras?"  

(...) "¿Es esto una broma? Los orensanos no queremos ni nos merecemos esto."
4 meneos
cerrado
12 clics

Na cidade asolagada do Atlantismo de Lugrís  

O mar para Lugrís era unha fonte de constante inspiración. Paisaxes, bouquets, habitacións e anticuarios mariñeiros, portos, vistas de cidades, mapas, barcos e criaturas fantásticas levan os espectadores a un mundo propio. E este cadro, chamado Sen título, é unha obra que mostra a dimensión alegórica do mesmo. A imaxe pintada abre os ollos a unha visión. As raiolas do Sol aparecen dando unha aura cálida entre as nubes, mostrando mesmo o fondo do mar. Os ceos que abren deixan entrar a luz.
2 meneos
cerrado
19 clics

Unha ducia de imaxes para "poñer cara" aos xefes da ditadura na provincia de Pontevedra  

A Gala da Memoria programada pola Deputación de Pontevedra para este 5 de novembro insírese nunha serie de iniciativas da institución en materia de memoria histórica que inclúen a publicación, para a súa libre consulta, de centos de imaxes do partido único da ditadura na provincia. A divulgación das fotografías, achadas nos arquivos da propia Deputación, ten entre as súas intencións "poñer cara aos represores" e contribuír á preservación da memoria das vítimas. Velaquí unha ducia delas, todas tiradas do arquivo da institución.
3 meneos
cerrado
4 clics

Premio del jurado en Austin para Jacinto, película de terror rural independiente en la Galicia profunda

La película de Javi Camino, "Jacinto" , film independiente de "terror" rural en la Galicia profunda, se lleva el premio del jurado en el Austin Film Festival. La película muestra con ironía, sensibilidad y un poco de histrionismo el conflicto entre un mundo rural anclado en el pasado y los valores modernos de la sociedad urbana.
2 meneos
cerrado
9 clics

Jacinto, de Javi Camino, premiada en Austin Film Festival: una película independiente de terror rural gallego triunfa en uno de los festivales más prestigiosos de USA

El director gallego Javi Camino ha recibido este jueves con enorme alegría la noticia de que su película "Jacinto", una comedia negra de terror ambientada en el rural gallego, ha resultado ganadora del premio del jurado en la sección "Dark Matters Feature" en el prestigioso Austin Film Festival.
4 meneos
cerrado
11 clics

“Poñer a Galicia por riba do meu partido, xamais…”  

Declaracións do Presidente no Debate do Estado da Autonomía 2021.
4 meneos
cerrado
17 clics

Si el camino quiero hacer...  

los pies tienen que doler... Y por todo lo logrado - Estádesnos molestando, isto é unha cidade, non é un monte.
3 meneos
cerrado
9 clics

As chambonas [GAL]

Son moitas as cidades que historicamente tiveron, e moitas seguen mantendo, un mercado ao aire libre onde se vendían produtos de todo tipo de segunda man. En Barcelona, Els Encants; Londres, Portobello; París, o Mercado das Pulgas; Madrid El Rastro… A Coruña tivo tamén ese espazo situado en arcóns no Campo da Leña, logo en Orillamar e ao fronte deses negocios case sempre mulleres, as Chambonas. Mulleres que se dedicaban á compra, venda e troco de mobles, roupas e todo tipo de enseres usados.
4 meneos
cerrado
7 clics

Exixen anular o contrato do servizo de rastrexo da Covid cunha empresa privada

Os case 14 millóns de euros que vai custar, di a CIG, "darían para contratar 6.628 técnicos en documentación sanitaria ou 7.380 de persoal de servizos xerais" durante mes e medio, xa formados e en contacto co sistema galego de saúde.
6 meneos
cerrado
10 clics

O poder dunha canción: a Alborada de Pascual Veiga. (Fío twitter)

Na véspera do Día Nacional de Galicia quérovos contar unha historia sobre o poder dunha canción. E sempre que traballo sobre esta historia pónseme a pel de galiña. É a Alborada de Pascual Veiga, estreada en 1880 en Pontevedra. Para moitos, unha melodía que é todo: a ledicia e optimismo.
4 meneos
cerrado
7 clics

Historias do contrabando na Raia  

Os vínculos lingüísticos, históricos, sociais e culturais dos lugares e persoas que viven a un e outro lado da fronteira entre Galicia e Portugal son evidentes. Comprobámolo percorrendo en coche e gravando durante sete días toda a zona. A través da viaxe coñecemos os nexos entre as dúas realidades. O resultado: Un documental en forma de road trip que vai parando en numerosas localidades, de oriente a occidente, para falar con diferentes persoas de cada unha delas e poñer en valor os costumes e a riqueza patrimonial e cultural propia desta área. Un documental realizado por Xarda Cooperativa Galega para Nós Televisión co apoio da Deputación de Ourense, a Eurocidade Chaves-Verín, o Concello de Hermisende, o Concello de Entrimo, o Concello de Tomiño, o Concello de Tui e a Câmara Municipal de Montalegre.
3 meneos
cerrado
8 clics

Manifesto de Grou

Este manifesto dirixiuse á xente da parroquia de San Mamede de Grou (Lobios) e está considerado como o último apelo para conmemorar o Dia da Patria de 1936 no interior do país, cando xa case todo o territorio galego estaba sobre control do fascismo.
3 meneos
cerrado
7 clics

Un acto da Xunta no Día Nacional de Galiza, nove anos despois

A última vez que a Xunta organizou un acto de seu durante o Día Nacional de Galiza, Alberto Núñez Feijóo só gañara unha vez as eleccións como candidato do PP á presidencia. Mariano Rajoy encabezaba o Goberno de España dende había apenas medio ano e Caixa Galicia e Caixanova conformaban unha única entidade chamada Novacaixagalicia que, pouco antes, se vira obrigada a bancarizarse e que aínda non precisara un rescate milmillonario. Estas referencias temporais son unha boa mostra do tempo que o Goberno galego leva ausente da conmemoración ...
3 meneos
cerrado
6 clics

Día das Letras para Delgado Gurriarán

A Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras Galegas 2022 a Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, 1903 – Fair Oaks, California, 1987). O Pleno da institución acordou na sesión celebrada esta mañá renderlle homenaxe o ano que vén ao autor ourensán, cuxo labor literario e activismo político e cultural constitúen un dos capítulos máis destacados das letras galegas da diáspora. A RAG non só celebrará o excelente poeta que foi, cultivador dun galego enxebre, característico das terras de Valdeorras. A través da súa figura tamén homenaxeará, por primeira vez, a…
2 meneos
cerrado
2 clics

500 anos de Asemblea de Melide

O 4 de decembro de 1520 representantes das principais casas nobiliarias de Galicia reuníronse en Melide para reclamar a El-Rei a recuperación do voto en Cortes para Galicia, a participación do reino nas novas oportunidades da era dos descubrimentos e a mellora das súas capacidades militares e defensivas co nomeamento dunha Capitanía Xeral. Foi un importante acto de afirmación política do Reino de Galicia, que reclamaba máis capacidade de autogoberno, de xestión e oportunidades para o futuro.
4 meneos
cerrado
8 clics

O galego Darío Lago, na portada de "Nature" por un novo paso cara á internet cuántica  

O investigador do ICFO asina un traballo que acadou unhas taxas 'récord' de entrelazamento entre memorias cuánticas. Xusto despois de que finalizase o confinamento por mor da pandemia da Covid-19, na primavera de 2020, un grupo de físicos preparou dous laboratorios, separados por 10 metros, no Institut de Ciències Fotòniques (ICFO) de Castelldefells, perto de Barcelona. O experimento que querían desenvolver quedara paralizado polo estado de alarma, pero desde a casa, en remoto, aproveitaron para pulir con maior detalle o que querían demostrar, que non era pouco: conseguir o entrelazamento…
4 meneos
cerrado
8 clics

Que haberá de perigoso en nós?

(...) escoitaba o Café Derby e pensaba en como reaccionariamos se eses desprezos á portuguesa —elegantes e educados— nolos fixeran non no Porto ou en Lisboa, senón en Madrid. No sur somos como un garavanzo no pé, e aínda así porfiamos en querer ser parte do zapato. Se en España se nos constrúe para encaixarnos nun rol folclórico, en Portugal deconstrúesenos para negarnos. Que haberá en nós tan perigoso como para que dunha fronteira nos retraten como seres ancestrais fóra do presente e da outra prefiran non mirarnos á cara por se atopan sospeitosos trazos familiares dos que os pais nunca lles falaron.
3 meneos
cerrado
6 clics

Na vila xa non hai banco: a exclusión financeira agrávase no país coa nova vaga de peches de oficinas

A clausura da sucursal do Santander en Guísamo (Bergondo) únese á longa lista de perdas de servizos bancarios nos últimos anos en diversos concellos galegos, especialmente no ámbito rural, onde xa hai máis de 160 municipios sen oficina ou con só unha.
3 meneos
cerrado
7 clics

Defensa da Ría presenta denuncia no xulgado contra o presidente de Ence

A Asociación pola Defensa da Ría presentou denuncia no Xulgado de Instrución de Garda de Pontevedra contra o presidente de Ence, Ignacio de Colmenares, polas súas recentes palabras sobre a situación de perigo das instalacións da fábrica de Lourizán.

A denuncia foi presentada esta quinta feira, xoves, e segundo o presidente da asociación, Antón Masa, céntrase en dúas cuestións fundamentais, a primeira delas no feito de tentar "chantaxear repetidamente un alto cargo do Goberno".

En concreto, a APDR considera de "suma gravidade" que Ignacio de Colmenares acuda até sete…
2 meneos
cerrado
3 clics

A Xunta establece o nivel máximo de restricións no país

Peche perimetral de todos os concellos, limitación de reunións a persoas conviventes, peche da hostalaría, límite de horarios comerciais ás 18:00, peche dos centros comerciais nas fins de semana e retraso da volta ás aulas universitarias, entre as principais medidas.
2 meneos
cerrado
3 clics

Un xulgado de Santiago ordena vacinar un ancián que se negou e unha muller a pesar da oposición familiar

O Xulgado de Primeira Instancia núm. 6 de Santiago de Compostela, especializado en Familia, ordenou en senllos autos vacinar un usuario dunha residencia que se negou a recibir a inmunización así como outra usuaria cuxa titora rexeitou que lle administrasen a vacina. En primeiro lugar, nun auto con data deste mesmo mércores, o xulgado ordena a subministración da vacina a un interno en centro de maiores de Santiago de Compostela que se negou a que lle inxectasen a dose. O maxistrado considera que o consentimento informado por substitución prestado pola entidade titora Fundación Galega para a…
« anterior123

menéame