Cousas da Galiza
4 meneos
cerrado
8 clics

O galego Darío Lago, na portada de "Nature" por un novo paso cara á internet cuántica  

O investigador do ICFO asina un traballo que acadou unhas taxas 'récord' de entrelazamento entre memorias cuánticas. Xusto despois de que finalizase o confinamento por mor da pandemia da Covid-19, na primavera de 2020, un grupo de físicos preparou dous laboratorios, separados por 10 metros, no Institut de Ciències Fotòniques (ICFO) de Castelldefells, perto de Barcelona. O experimento que querían desenvolver quedara paralizado polo estado de alarma, pero desde a casa, en remoto, aproveitaron para pulir con maior detalle o que querían demostrar, que non era pouco: conseguir o entrelazamento entre dúas memorias cuánticas remotas, almacenando, durante un máximo de 25 microsegundos, un fotón individual entre as dúas. O traballo aparece este mércores na portada da revista Nature, unha das principais publicacións científicas do mundo, e ten como primeiro asinante a Darío Lago Rivera, un científico de Culleredo graduado en Física pola USC e Máster en Fotónica pola UPC.

| etiquetas: fotóns mensaxeiros , idler , icfo , samuel grandi , hugues de riedmatten

menéame