2 meneos
4 clics
Francisco Castro dimite como director xeral da editorial Galaxia
O escritor xustifica a súa renuncia pola falta de resposta da editorial ante a polémica xurdida tras una entrevista de Alberto Ramos. No comunicado en X, Castro lembra que a fundación de Galaxia por persoeiros como Ramón Otero Pedrayo, Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro ou Xaime Isla Couto "é un soño colectivo iniciado en 1950 por un monllo de loitadores e loitadoras antifascistas que consideraron que a cultura podía ser unha inigualable munición contra o totalitarismo, e que, ademais, puxeron ese nobre obxectivo por diante dos seus intereses persoais". "Se eses valores —continúa o exdirector xeral da editorial— se esquecen e se cuestionan desde o propio corazón da empresa, non ten sentido que eu me manteña á súa fronte, e quizais a mellor maneira de loitar por eles sexa preservar todo iso que está na esencia de quen eu son e que tanto semella molestar: un escritor e un activista da nosa cultura que seguirei defendendo o ideario fundacional de Galaxia (...)
|
Click para ver los comentarios