Cousas da Galiza
3 meneos
7 clics

O Castro Valente e os Castelos Baleiros

[Hemeroteca] Cando rascuñas nas aldeas veciñas xorde a memoria do Castro Valente. Unha memoria enorme, con toda sorte de lendas e coplas. Unha memoria vinculada á noción de goberno, de poder e de riqueza. Na Negreira unha señora sempre recorda a Cerca co seu interior baleiro de piñeirais e brañas. Un lugar habitado polos mouros, que marcharan. No seu interior, asegura, está soterrada unha igrexa chea de ouro e riquezas. A vella ergue o dedo e recita:
Castro Valente, rico e prudente
Dous atributos do bo goberno clásico. E logo sinala cara as estribacións do monte Meda, da outra banda do…
4 meneos
5 clics

Morre Xosé Manuel Díaz Maseda, histórico xornalista da Televisión de Galicia  

O xornalista da Televisión de Galicia Xosé Manuel Díaz Maseda morreu este mércores en Santiago logo de sufrir un grave accidente de tráfico o venres pasado.
Díaz Maseda, que tamén era licenciado en Dereito, levaba na TVG dende a súa fundación hai 35 anos.
5 meneos
31 clics

A vacina  

O Sergas probará a vacina en Luiz Zahera quince días antes de poñerlla a Feijóo. [Servos Galiza, novas da Galiza imaxinaria]
3 meneos
3 clics

Aumentan até 421 os contaxios en centros educativos e fecha unha escola infantil en Celanova

Foron 18 casos máis en 24 horas na Galiza que xa conta con 23 aulas en corentena.
5 meneos
6 clics

Detido o pai dunha alumna que se negaba a levar máscara

Ocorreu no CEIP San Pedro de Visma. Foi esposado pola policía tras un intento de agresión cunha muleta que atopou e que usaba outra alumna. Dende o centro confirmáronnos que o episodio aconteceu sen presencia de alumnado. “Foi un momento moi desagradable”, dinos o seu director.
7 meneos
6 clics

Homenaxe a Celso Emilio, a voz do antifranquismo galego, no aniversario da súa morte

41 anos pasaron dese 31 de agosto no que Celso Emilio Ferreiro (nado en Celavona en 1912) falecía na súa casa de Vigo. Celso Emilio, que por aquel entón contaba tan só con 67 anos, vivira para ver a morte do Ditador Franco e, con ela, a chegada da democracia, unha das máis ansiadas ideas nas que fixo fincapé na súa obra social.
2 meneos
7 clics

A peste no Porto en 1899: o ‘paciente cero’ galego e temor na Raia

No final do verán e o outono de 1899 había un tema de conversa principal entre os lectores dos diarios en Galicia: a peste bubónica que afectou á cidade do Porto, e que, pola súa proximidade, xerou unha importante inquedanza no país. E ademais, moitas das investigacións coinciden en sinalar en que o paciente cero foi un estibador galego: Gregorio Blanco. Todo comezou o día 5 de xuño, aínda que a alerta sanitaria non saltaría ata varias semanas despois: “Espanhol, de 47 anos de idade, era carrejão de bordo e de armazéns de porto..."
3 meneos
5 clics

"Canto das Xacias"

Una nueva entrega de la actualidad de la música celta. “Dequenvessendo" es una joven banda gallega formada hace unos pocos años en Arteixo. Ahora ultiman el lanzamiento de su primer trabajo discográfico, Canto das Xacias, del cual nos adelantan su primer single, que podéis disfrutar aquí. Su música está muy influenciada por la de bandas como Luar Na Lubre, Silly Wizard o los Tannahill Weavers, folk gallego que se deja querer por la sonoridad más céltica.
3 meneos
2 clics

A Xunta intervén a residencia do Incio

A Xunta intervén a residencia do Incio tras confirmar o contaxio de 59 anciáns. Hai oito coidadores afectados e dous usuarios están hospitalizados. O protocolo activouse co positivo dunha traballadora vencellada co gromo de Monforte, onde hai xa 38 casos. A residencia separou por plantas os positivos dos negativos.
3 meneos
16 clics

El complot del "golpe de estado ruso" en Bielorrusia fue orquestado por Ucrania (EN)

A mediados de junio informamos que los EE.UU. están preparando una "revolución del color" en Bielorrusia. Una parte de esa operación ha sido revelada hoy. Fue diseñada para denigrar a Rusia a los ojos de la población bielorrusa y su presidente.
3 meneos
5 clics

Comunicado do Governo de Portugal: Esclarecimento sobre a entrada de cidadãos portugueses na Galiza [PT]

Hoje realizou-se uma reunião entre o Embaixador de Portugal em Espanha, João Mira, e o Presidente da Xunta da Galiza, A. Núñez Feijóo, tendo sido possível, num ambiente de franca amizade, esclarecer todos os pontos da decisão tomada pela Xunta da Galiza relativa à entrada de cidadãos portugueses naquela Comunidade Autónoma.

O Ministério informa ter ficado clarificado que:
- não existe qualquer classificação de Portugal como "país de risco" por parte da Galiza;

- o mecanismo de comunicação estabelecido para os cidadãos que entram na Galiza não significa, nem poderia significar,…
4 meneos
7 clics

Inauguración da exposición “Domingo de Andrade: xenio e oficio”

Andrade é o mestre galego ao que a Real Academia Galega de Belas Artes adica o Día das Artes Galegas 2020, para a difusión da súa figura e traxectoria artística. É un dos grandes arquitectos naturais de Galiza en pleno Barroco, mestre dos máis importantes artistas do s. XVIII e figura destacada da arquitectura española nos dous campos onde exerceu o seu oficio, a retablística e a construción. A exposición consta de 24 paneis onde se mostra, con imaxes fotográficas, planos e textos, a súa longa traxectoria de obras e proxectos por distintas localidades galegas como Santiago, Lugo, Ourense, A…
4 meneos
7 clics

Recreación do discurso "Alba de gloria", de Daniel Rodríguez Castelao  

O 25 de xullo de 1948 Castelao pronunciou o discurso Alba de Gloria no Teatro Arxentino, como colofón das Xornadas Galegas que organizara o Centro Galego de Bos Aires, causando un forte impacto na audiencia.

“A alocución de don Alfonso R. Castelao, pola beleza da forma e pola fondura dos conceptos, cativou os asistentes a este gran acto que enchían toda a sala e que premiaron a disertación do Sr. Castelao con aplausos que o interromperon algúns instantes e que se fixeron máis extraordinarios ao finalizar o orador a súa Alba da Groria”.
4 meneos
5 clics

Un informe sinala os contaxios ao persoal sanitario como o principal factor de expansión do coronavirus en Galiza

O I. S. Carlos III publicou os primeiros resultados do Proxecto Factores de Difusión COVID-19. Analiza distintos elementos que favoreceron a expansión da doenza no Estado español, da mobilidade á transmisión en colectivos, así coma os primeiros focos que dispararon a incidencia da Covid. O informe destaca que en Galiza "o persoal sanitario infectado foi o factor que tivo maior efecto sendo este moderado-alto". As conclusións son moi xerais pero axudan a trazar un mapa das diferenzas entre territorios á hora de explicar o desenvolvemento da enfermidade. Así, divide o Estado en…
4 meneos
12 clics

Excepcional achado dunha gran vila romana en Castro de Rei, que podería estar relacionada con Teodosio

Unha escavación para situar unha torreta eléctrica. Este foi o motivo que deu lugar a un dos achados máis singulares dos últimos tempos para o mundo romano en Galicia. Trátase dunha vila romana de gran luxo, e previsiblemente boas dimensións que dominaría unha gran chaira fértil ó pé do río Azúmara en Castro de Rei. O achado produciuse no lugar de Escouredos, na parroquia de Coea deste concello, durante unha prospección para instalar unha torre torre de alta tensión.
3 meneos
6 clics

Os casos da Mariña que a Xunta agochou

Malia as reiteradas mensaxes que desde o Goberno galego daban por acoutado e controlado o brote de coronavirus nos concellos da Mariña nas xornadas previas ao 12-X, son varios os documentos oficiais que contradín estas afirmacións. O último, unha orde da Consellaría de Sanidade sobre medidas preventivas publicada no DOG (...) O Sergas cuantifica (con data do día 9) os casos en 224, 59 máis dos 165 que Sanidade trasladaba de maneira oficial, ou 34 máis, se se restan as persoas dadas de alta. Non foi esa a primeira vez que un auto xudicial sacaba á luz información do Sergas silenciada nas súas…
7 meneos
8 clics

A Xunta retira a ambulancia medicalizada do Salnés un día despois das eleccións

Fontes do sindicato Prosagap denuncian a GC que, con esta medida, toda unha importante área como é a do Salnés quedará sen atención médica directa. A actual ambulancia será trasladada en breve para Portonovo. A Xunta sempre reforzaba esta zona con outra ambulancia medicalizada no verán para atender a enorme afluencia que se rexistra na zona, especialmente de turistas madrileños, pero este ano decidiu prescindir desta e desprazar a que había en Vilagarcía. "Non ten sentido que a despracen porque deixan toda a zona do Salnés descuberta" (...)
4 meneos
12 clics

O Camiño dos Faros, unha das rutas máis impresionantes de Europa, en perigo pola desidia administrativa

Os Trasnos, hoxe a Asociación Camiño dos Faros, declara estar a piques de tirar a toalla. O motivo a imposibilidade de desenvolver o proxecto fronte os atrancos que están a poñer as administracións, dende a propia Xunta de Galicia, con Turismo de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente ó fronte, ós 9 Concellos, pasando pola propia Deputación. E é que despois da inmensa promoción ano tras ano Os Trasnos atoparon un problema, excepcional e insalvable, a imposibilidade da súa homologación.
2 meneos
5 clics

'VINTE almorzando' con Ledicia Costas (gal)

La escritora Ledicia Costas nos recibe en su casa del barrio de Navia, en Vigo, para convidarnos a almorzar y conversar sobre el éxito de 'Infamia' y de toda su obra de literatura infantil y juvenil. También sobre sus rutinas de trabajo, el futuro del gallego o su afición por el 'Animal Crossing'.
4 meneos
7 clics

Alén de "cobra", outra palabra galega nomea un animal exótico en todo o mundo: "zebra" [GL-PT]  

A palabra "cebra" é de probábel orixe sueva e un galeguismo noutros idiomas. Traballo brasileiro onde se explica: "Os equídeos africanos conhecidos internacionalmente como zebra não derivam seu nome de uma língua africana, mas do galego-português zebro" shorturl.me/RExFdI (...) Sabendo o anterior, esta iniciativa parece algo pailaroca. A cebra non só nos representa, senon que ten nome galego.
3 meneos
13 clics

Vigo, STOP arboricidio (gal)

Pasemos lista das caídas pola insensatez humana: dende o día 28 de abril de 2020 se realizaron traballos de tala no recinto amurallado da Fortaleza do Castro afectando a 12 árbores: 6 cedros (Cedrus sp.), un cipres de Lawson (Chamaecypartis lawsoniana), dous abetos (Picea avis), unha acacia negra (Acacia melanoxylon) un carballo americano (Quercus rubra). Dentro do castelo tallouse un exemplar de Cedro xaponés (Cryptomeria japonica). Esta talla indiscriminada non e un feito illado, ven precedida de outras moitas actuacións prexudiciais ...
5 meneos
4 clics

Primeiro rebrote de coronavirus en Galicia con nove casos en Ribeira e A Pobra  

O xerente do SERGAS confirmou na tarde deste domingo o 1º foco de rebrote do coronavirus que se detecta nos últimos días, situado na comarca do Barbanza. Os casos serían importados xa que a súa orixe estaría nunha persoa que chegou de viaxe do Brasil. Ningún dos nove contaxiados requeriu polo momento hospitalización. Os tests PCR realizados aos contactos confirman 9 contaxios. A infeción detectouse o venres. O 1º contaxio é da filla da persoa que regresou a Galiza despois de estar en Brasil e regresou nun voo a Lisboa.
3 meneos
20 clics

Jácome sobre los funcionarios: «El teletrabajo es de una eficacia absoluta, porque se consigue el mismo rendimiento que

Después de que la oposición le pidiera respeto para los trabajadores municipales el alcalde de Ourense insiste en censurar su rendimiento
4 meneos
16 clics

Maldita hemeroteca

Donde no llega la memoria está la hemeroteca, el espejo de los políticos que cuentan, pobrecillos, con una sociedad desmemoriada.
4 meneos
4 clics

A Xunta dá voz nun comunicado oficial ao presidente de Iberdrola para que eloxie a “visión e o impulso” de Feijóo

Desta volta a Xunta eleva ao presidente de Iberdrola ao subtítulo do seu comunicado e dedícalle no texto tres parágrafos. Segundo a Xunta, "na súa intervención, Ignacio Galán reiterou a aposta de Iberdrola por Galicia destacando o seu "enorme potencial" para transformar os estaleiros en subministradores de plataformas mariñas; "non só para facer barcos, senón tamén para facer outras actividades". E a continuación engade que “sobre este punto, resaltou a implicación do Goberno galego para buscar novos horizontes ás empresas galegas...
5 meneos
3 clics

DomusVI rebélaselle á Xunta e cúlpaa ante as familias dos anciáns pola xestión do coronavirus

A directora da residencia da empresa en Compostela acusa o Goberno galego de tardar 9 días en comezar a hospitalización de enfermos de coronavirus e de rexeitar o traslado dos máis dependentes. Vellez Digna atopa verosímil a denuncia "pois algo debeu pasar para que deixasen morrer tantas persoas", pero ve tamén un intento da empresa de "escusarse" pola mala xestión realizada.
4 meneos
3 clics

Las costas de Pontevedra y A Coruña, entre las más vulnerables a vertidos marinos en la Europa atlántica (gal)

El riesgo de derramamientos marinos en la costa gallega sigue siendo alto. De hecho, las provincias de Pontevedra y A Coruña se encuentran entre las regiones costeras más vulnerables a vertidos en la Europa atlántica, según un estudio publicado en la revista científica Marine Policy por los investigadores de la Universidad del País Vasco (UPV/EHU) Javier Fernández Macho, Pilar González y Jorge Virto.
5 meneos
16 clics

Descobren no Castro de Viladonga unha machada votiva de bronce do século III a.c  

As escavacións no Castro de Viladonga, no concello de Castro de Rei, permitiron localizar unha pequena machada votiva de bronce asociada a rituais de sacrificio e que ten uns 2.300 anos de antigüidade. Non é a primeira vez que se encontran machadas sacrificais na Galiza, mais a dicir dos expertos esta é probabelmente a machada votiva cunha decoración máis rica. Así, no colgante desenvólvense moitos dos elementos comúns a estas pezas, como a propia machada, os sogueados ou o torques, ademais dun prótomo de touro, un xabaril na zona mesial (...)
3 meneos
2 clics

Indignación vecinal por aprovechar la Xunta el coronavirus para cerrar parcialmente un centro médico na Terra Chá (gal)

El consultorio de Parga quedó en 'stand by' durante el estado de alarma y el Sergas anunció que se recuperaría parte de la actividad asistencial, pero la atención médica sería derivada a otro centro.
5 meneos
24 clics

"O galego que fala Feijóo mete máis castelán que galego"  

A "abueliña" luguesa de Santiago Abascal provoca un terremoto de reaccións logo dunha conversa co seu neto
3 meneos
5 clics

Carballo, entre as 10 cidades europeas de menos de 100.000 habitantes con mellores prácticas ambientais

O aforro enerxético dun 80% en alumeado público, o proxecto “Cicl-Ando Carballo”, ou “Carballo sostible: enerxías renovables e eficiencia enerxética dos edificios públicos” son algunhas das razóns polas que o Concello de Carballo vén de colocarse no Top 10 das cidades europeas de 20.000 a 100.000 habitantes con mellores prácticas ambientais.
5 meneos
5 clics

A Xunta adxudica centos de prazas de campamentos para nenos sen medidas de protección fronte ao COVID-19

A Consellería de Política Social adxudicou o 1 de xuño varios paquetes de actividades da Programación das Actividades de Educación non formal da campaña de verán 2020, os coñecidos como campamentos de verán para menores, nos que non tivo en conta as actuais medidas de protección aprobadas polo Goberno central, e pola propia Xunta, para facer fronte ao COVID-19.
4 meneos
13 clics
6 meneos
24 clics

Historia dunha tomadura de pelo en 4 actos, ou como a @Xunta utiliza o diñeiro público para facer propaganda electoral

Historia dunha tomadura de pelo en 4 actos, ou como a @Xunta
utiliza o diñeiro público para facer propaganda electoral e enganar á xente.
2 meneos
7 clics

Feijóo pensa que os galegos somos parvos?

Feijóo di que non lle adica "nin un minuto" á campaña electoral. Pensa que os galegos somos parvos?
Confirmamos, Feijóo pensa que os galegos somos parvos.
3 meneos
4 clics

Comunicado da AIC sobre o desmantelamento das universidades públicas galegas

A Asemblea de Investigadoras de Compostela quere manifestar o absoluto repudio ao borrador da Xunta para a implantación dun modelo de docencia mixta (...) 1 de cada 3 fogares galegos non dispón de conexión de Internet de banda ancha. É dicir, o Goberno galego pretende que a segunda comunidade autónoma con peor acceso de banda ancha sexa a primeira en introducir un modelo semipresencial no que o acceso á rede é indispensable para seguir a docencia. Isto suporía engadir unha dificultade máis á xa precaria situación, no que a medios materiais se refire, da meirande parte do estudantado, mesmo…
3 meneos
39 clics

Servizo de cita previa de praias de Galiza [humor]  

"Por favor, que alguén me diga a autoría desta marabilla que me acaban de pasar por Whatsapp"
2 meneos
2 clics

Un xulgado xustifica que unha persoa tutelada pola Xunta poida sufrir “desaxustes na toma de medicación” e “úlceras”

Un xulgado vén de certificar que unha octoxenaria con déficit cognitivo posta en 2016 baixo a tutela da administración galega chegou a presentar tres anos despois úlceras, mala hixiene ou “desaxustes na toma de medicación”. Porén, o xulgado xustifica a situación como un “feito puntual” amparándose nun informe que lle entregou a propia administración do que di que “ésta ha detectado dichas anomalías y está trabajando para soslayarlas” [sic]
3 meneos
2 clics

Miño pagará as sentenzas xudiciais aos expropiados da macro urbanización que Fadesa deixou a medio facer

O Concello de Miño formalizará a operación crediticia para o pago das sentenzas xudiciais aos expropiados de Fadesa. O pleno facultará ao alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, para asinar o préstamo co banco designado polo Instituto de Crédito Oficial.
O límite para efectuar o pago era o 31 de maio, pero tras a declaración do estado de alarma os prazos quedaron dilatados. En todo caso, está previsto que o banco ingrese as cantidades a terceira semana de xuño.
Segundo informa o Goberno local, o Concello presentaba ao peche do exercicio de 2019 unha débeda total de 22,3 millóns de euros, debido "principalmente ao proceso de expropiación" da macro urbanización de Fadesa.
2 meneos
3 clics

Inspección di que a volta do persoal aos centros educativos o 11 de maio foi "improcedente"

A CIG-Ensino amosouse contraria a esa reincorporación por non asegurar “claras garantías sanitarias”, e denunciou á Consellaría de perante a Inspección de Traballo porque "a reincorporación naquela altura non foi negociada, como era preceptivo, coa representación sindical".
3 meneos
34 clics

(Viñeta) "Témome un rebrote de Feijóo nos medios para as próximas semanas"

A viñeta de López: "Témome un rebrote de Feijóo nos medios para as próximas semanas"
4 meneos
9 clics

Semente divulga poema inédito de Carvalho Calero  

O proxecto Semente Trasancos fixo público neste sábado 16 de maio, véspera do Día das Letras, o primeiro poema que Ricardo Carvalho Calero escribiu en galego como homenaxe á súa figura. "A Galiza" é o título desta composición que a asociación gravou e colgou nun vídeo na plataforma YouTube.
2 meneos
2 clics

A Real Academia Galega traslada o Día das Letras Galegas ao 31 de outubro

A Real Academia Galega acordou pospoñer o pleno extraordinario e público do Día das Letras Galegas dedicado a Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990) ante a situación provocada pola pandemia da COVID-19. A sesión mantense no lugar previsto, o teatro Jofre de Ferrol, pero trasladarase do domingo 17 de maio ao sábado 31 de outubro, xusto un día despois do 110 aniversario do nacemento do homenaxeado. De igual xeito, os demais actos presenciais que a institución (...)
3 meneos
9 clics

Vigo, á cabeza en contaxios, conta con policlínicos e hospitais fechados

O número de contaxios por coronavirus na área de Vigo aumentou 24% até chegar aos 633 casos positivos, segundo os últimos datos da Xunta. É precisamente esta a cidade que viu fechar máis centros sanitarios, entre eles o Policlínico Cíes e o Hospital Xeral. Estas infraestruturas sen utilizar suman un total de 517 camas. SOS Sanidade Pública empraza a Xunta de Galiza a telo en conta, posto que o Goberno galego asegurou que estaba en busca de hoteis para os habilitar con recursos sanitarios ante un eventual pico da pandemia.
2 meneos
2 clics

Sentenciado a cen días de cárcere un veciño de Vilagarcía que incumpriu o confinamento polo coronavirus

O home xa fora sancionado tres veces durante o estado de alarma, este xoves volveu saír á rúa sen motivo e este venres enfrontouse a un xuízo rápido no que a condena foille condicionada a que non delinca novamente en tres anos.
5 meneos
3 clics

Nestor Rego decide quedar en Madrid

"Após asistir esta semana a dúas reunións da Xunta de Portavoces do Congreso, decidín ficar en Madrid. Estou perfectamente, mais acho que é a decisión correcta, por prudencia e por responsabilidade para cos meus, coa miña xente e co meu País. E aquí permanecen, ao pé do canón, traballando desde a casa, @ares_bego e @comumola, a equipa do Bloque no Congreso".
2 meneos
3 clics

O Supremo abre a porta a que a Xunta teña que pagar 400 millóns ata 2048 polas peaxes de Rande e A Barcala

“Todos os galegos nos liberamos da obriga de destinar a ese fin 400 millóns de euros ata o remate da concesión”. Esa foi a valoración que fixo Feijóo cando en 2017 o Ministerio de Fomento, daquela encabezado polo popular Íñigo de la Serna, reduciu unilateralmente á metade e asumiu en solitario a compensación que Goberno central e Xunta viñan pagando a medias a Audasa desde que en 2006, co PSOE na Moncloa e San Caetano, se suprimiron para os usuarios as peaxes de Rande e A Barcala. Agora o Supremo anula aquela decisión, obriga ao Estado a pagar a Audasa o que deixou de cobrar neste tempo e abre a porta a que o Goberno central reclame á Xunta que volva a achegar a metade desa compensación, que segundo Feijóo sumaría os anteditos 400 millóns ata o remate da concesión en 2048.
4 meneos
155 clics

Galegos máis relevantes segundo a Galipedia

Na vista de que se popularizou o mapiña este do ABC sobre os "españoles con más enlaces en Wikipedia por provincia", tomei a liberdade de comprobar o equivalente na Wikipedia galega no canto da española. A comparación é ben curiosa.
3 meneos
19 clics

A Xustiza pon en dúbida que as esculturas do Mestre Mateo que reclama Santiago sexan as mesmas que teñen os Franco  

Viñeta de Kiko da Silva na súa sección "A silveira" de El correo gallego.
3 meneos
12 clics

Entrevista a Miguelanxo Prado: "Amani ten a sorte de ter déficit de testosterona"  

'Amani' é un albúm ilustrado infantil con texto e ilustracións de Miguelanxo Prado que cuestiona os actuais roles de masculinidade cun personaxe cachazudo e non competitivo. A historia de Amani está baseada nun caso real dun hipopótamo sudafricano con menos testosterona do normal, que o converten nun animal pouco territorial, e empático coa contorna e os animáis doutras especies.

menéame