Cousas da Galiza
24 meneos
59 clics
Mais de 50% dos traballadores transfronteirizos na Unión Europea están entre Portugal e Galiza

Mais de 50% dos traballadores transfronteirizos na Unión Europea están entre Portugal e Galiza

As Eurorrexións dos Estados membro da UE Portugal, España e Francia reuniránse para promover a cooperación e abordar o estatuto do traballador transfronteirizo. Nuno Almeida, presidente do AECT Galiza – Norte de Portugal, destacou que, aínda que este estatuto fora debatido nas últimas cimeiras Luso-Españolas, aínda non se concretizou. De 1,3 millóns de traballadores transfronteirizos en Europa, máis da metade están entre Galiza e o Norte de Portugal. O encontro terá lugar en Vigo, e busca intensificar a cooperación entre as rexións, abordar a innovación e discutir a cultura e o patrimonio. A Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal abarca 51 mil quilómetros cadrados e ten unha poboación de 6,4 millóns de habitantes.
9 15 3 K 30
9 15 3 K 30
12 meneos
22 clics
O Sergas atrasa sete meses unha proba médica a unha doente oncolóxica

O Sergas atrasa sete meses unha proba médica a unha doente oncolóxica

Cerdedo pola Sanidade Pública denuncia “un novo caso do mal funcionamento do Sergas á hora de programar as citas para acudir a un ou unha especialista así como para a realización de determinadas probas diagnósticas”. A entidade advirte do “caso dunha veciña do lugar de Vilar, en Cerdedo, que despois de acudir ao noso centro de saúde o día 7 de xullo por un pequeno vulto nun ombro, o facultativo de Atención Primaria pediu facer unha ecografía, pero anotou con “prioridade normal”. A plataforma apunta que o médico “non ten en conta que é unha doente operada de cancro de mama e a tratamento desde hai tres anos, e polo tanto o risco de tumores é maior que noutras persoas”.
14 meneos
70 clics
Os viquingos tomaron O Vicedo nun espectacular e multitudinario desembarco

Os viquingos tomaron O Vicedo nun espectacular e multitudinario desembarco

A Romaxe Viquinga do Vicedo vive este sábado o seu gran día. O espectacular desembarco congregou este mediodía a unha multitude na praia de Area Grande / SanRomán , que presenciou a continuación a batalla entre o Rey Björ Ragnarrson Costela de Ferro contra as tropas cristiás do Rey RamiroI . Queiman e Pousa organiza a vistosa escenificación.
11 3 0 K 51
11 3 0 K 51
21 meneos
64 clics
Coñece o 'Xálima', un dos territorios irredentos da Galicia histórica

Coñece o 'Xálima', un dos territorios irredentos da Galicia histórica  

'Xálima' é un documental de RadioFusión emisoras, que conta coa realización da cooperativa Xarda, e que pretende achegar a poboación á terra da Fala. A terra da Fala é un “pequeno país” ao noroeste de Extremadura.

No século XII, unha colonización de galegos chegados a Extremadura se asentou na esquina máis noroccidental desta comunidade, a menos de 10 km de Portugal. Dise que, dese fito histórico, naceu a Fala, unha lingua que a día de hoxe segue a ser obxecto de estudo e que só permanece en tres vilas da zona: Valverdi du Fresnu, San Martiño de Trebello e As Ellas -coñecidas como os Tres Lugaris-. Estas tres vilas atópanse dentro do val coñecido como o Val do Xálima.
14 7 1 K 28
14 7 1 K 28
17 meneos
37 clics
Atopan a primeira receita médica en galego, unha pequena xoia do século XV

Atopan a primeira receita médica en galego, unha pequena xoia do século XV

Está anotada no reverso dunha escritura notarial datada o 2 de abril de 1477 e conservada no Arquivo da Real Chancillería de Valladolid. Os máis curiosos descubrimentos xogan ás agachadas. Permanecen silandeiros nos lugares máis particulares, poñéndollo o máis difícil posible a aquel que busca cos ollos ben abertos. Aínda que o investigador que escudriña nos documentos históricos o fai co afán de atopar algo en concreto, o azar ábrelle a porta a todas aquelas manifestacións dos nosos antepasados que están agardando a ser descubertas. É o caso da primeira receita médica en galego, datada o 2…
18 meneos
124 clics
Arboricidio no Monumento Natural da Carballa da Rocha (Concello de Rairiz de Veiga)

Arboricidio no Monumento Natural da Carballa da Rocha (Concello de Rairiz de Veiga)  

A Carballa da Rocha é un dos poucos monumentos naturais con que conta Galicia, foi declarada como tal no 2007. Nas imaxes pódese ver a unha da irmás da carballa tallada polo pé e a outra desmoucada/decapitada…Na contorna deste monumento natural e na área da reserva da biosfera están tallando polo pé e desmoucando carballos centenarios sen xeito e sen ningún tipo de control. Estes monumentos naturais están protexidos por lei así como a súa contorna polo que este ARBORICIDIO é aínda máis inexplicable e inxustificado. Lembrar que Galicia é o territorio con menos espazo protexido de Europa un escaso 12% cando a media europea é de máis do 30%.
12 meneos
255 clics
Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega  

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada.
A interpretación dixital e a prosprección arqueolóxica en campo permitiu coñecer máis sobre Castro Valente ou A Cerca, unha fortaleza da época romana dunhas 10 hectáreas situada entre Padrón e A Estrada. Os arqueólogos da Universidade de Santiago de Compostela Mario Fernández-Pereiro e José Carlos Sánchez-Pardo publicaron recentemente, dentro do proxecto "Castelos no aire", un artigo que indaga na tipoloxía e técnica construtiva do sistema defensivo…
14 meneos
135 clics
Puertas Betanzos despide os dous homes que auxiliaron a Samuel Luiz fronte aos agresores que o mataron

Puertas Betanzos despide os dous homes que auxiliaron a Samuel Luiz fronte aos agresores que o mataron

A CIG asegura que Ibrahima e Magatte foron despedidos por acollérense ao seu dereito de coller vacacións. A empresa esgrime "causas económicas e produtivas" e necesidade de persoal "máis cualificado" e anuncia a intención de emprender accións legais contra o sindicato por atribuírlle "falsidades".
30 meneos
231 clics

A fachada do Obradoiro conta a historia dunha familia sagrada, pero se cadra non é a que esperas  

A traza foi deseñada por Fernando de Casas e Novoa. Na fachada cóntanse unha serie de historias que son a suma da traxectoria relixiosa, cultural e estratéxica da Catedral como institución. Un auténtico aparato de propaganda que emite mensaxes. Por exemplo: arriba está Santiago, con dous reis axeonllados ante el. Deixa claro que os monarcas hispánicos lle deben homenaxe e tributo ao Patrón. O patronazgo (e as inmensas rendas) eran cuestionadas desde fins do XVI por outros intereses en Castela e máis lugares. Máis abaixo están os discípulos, a estrela e a arca de mármore. É dicir, está a…
16 14 2 K 29
16 14 2 K 29
20 meneos
249 clics
O «QVE MIRAS BOBO» do mosteiro de Samos e outras curiosas figuras dos canteiros galegos

O «QVE MIRAS BOBO» do mosteiro de Samos e outras curiosas figuras dos canteiros galegos

Sorrisos pícaros, autorretratos medievais e traseiros a modo de desaugadoiros son algúns dos exemplos desta arte en pedra.
12 8 0 K 52
12 8 0 K 52
13 meneos
142 clics
Torturados, encarcelados y multados por hablar en gallego  [es/gl]

Torturados, encarcelados y multados por hablar en gallego [es/gl]

"El documento más antiguo que explica cómo golpear a los niños que hablen gallego en la escuela es de 1543. Es más antiguo que los que se conservan para las otras lenguas del Estado". O diario publico fala co @carloscallon de "O libro negro da lingua galega". Vía twitter.com/Xerais/status/1598286156294225920
9 meneos
114 clics
A erosión do solo derivada dos lumes impedirá reforestar os espazos naturais

A erosión do solo derivada dos lumes impedirá reforestar os espazos naturais

Investigadores da USC adiantan unha degradación do terreo queimado e unha menor existencia de masa arbórea no futuro. Os incendios que devastaron a paisaxe galega xa están extintos, baixo control ou estabilizados. Porén, as súas consecuencias persistirán de maneira permanente. Segundo explican os expertos, a degradación do solo provocará unha vulnerabilidade que de cara ao futuro dificultará a repoboación. A superficie queimada supuxo unha das maiores perdas por incendio da historia de Galicia, pois estímase que máis de 30.000 hectáreas foron arrasadas no Courel, Valdeorras e Quiroga, con…
30 meneos
331 clics
Vou contar unha das historias máis inquedantes da guerra da independencia

Vou contar unha das historias máis inquedantes da guerra da independencia

A desaparición, nunha noite, de dous escuadróns do exército francés na zona de Betanzos. Todo. Soldados e cabalos. Sen rastro. Ata hoxe, aínda non se sabe con certeza que aconteceu. Ou si (...) Pois ben, ao redor do 9 de febreiro, o Alto mando francés descubre que os dous escuadróns de artillería non aparecen.
200 homes de elite con 200 cabalos. Desaparecidos. Sen avisos. Sen trazas. Sen informacións de combates ou emboscadas. Nada (...) Esa noite douscentos franceses foron mortos. Foron sacados e sepultados nun lugar -ou lugares- que todos os rastreadores do exército non deron atopado. Pero…
19 11 0 K 42
19 11 0 K 42
15 meneos
144 clics
Paporroibo

Paporroibo

Cando chegaba o inverno e as neves cubrían o Cebreiro, as avoas ao ver un paporroibo dicianlles aos cativos: estes paxariños veñen visitarnos pra lembrarnos que por moi cativo que sexas, se levas o lume ben encendido no corazón, non hai frío que te conxele. Dito popular.
12 3 0 K 51
12 3 0 K 51
16 meneos
143 clics

Conferencia sobre os escudos galegos  

Vídeo sobre o libro "O escudo do Reino da Galiza", do investigador Héitor Picallo.
24 meneos
156 clics
O AVE Vigo-Porto, exemplo de tren transfronteirizo que a Comisión Europea quere acelerar

O AVE Vigo-Porto, exemplo de tren transfronteirizo que a Comisión Europea quere acelerar

O executivo comunitario propón adiantar prazos das actuacións previstas nos grandes corredores de transporte da UE, como o Atlántico do que xa forma parte Galicia, e anuncia novas medidas de mobilidade urbana para todas as cidades de máis de 100.000 habitantes.
15 9 1 K 38
15 9 1 K 38
12 meneos
86 clics
A visión sobre os irmandiños

A visión sobre os irmandiños

Sen dúbida un dos episodios máis fascinantes do s. XV foi a gran revolta irmandiña. Pero a visión popular sobre este momento pertence máis ao presente que o pasado! Explícome. Para empezar, fíxate nesta gráfica que sinala a presenza do termo no corpus de textos de Google Books en español. Aínda que nos textos galegos fálase antes das Irmandades medievais, o termo e, en certo xeito, a forma de velo, nace nos 70 e sobre todo a partir dos 90. Para comezar, unha imaxe arquetípica: os paisanos do rural con fouces, forcas e fachos queimando castelos, verdade?
Ben, pois FALSO. A verdade é moito…
24 meneos
292 clics

Galician science be like:

- A cabeça do apóstolo Santiago o Menor nom é de quem parece.
- Claro, serám restos dum senhor aleatório que se faziam passar por relíquias num contexto histórico em que tinham muito valor espiritual e político.
- Nom, é a do apóstolo Santiago o Maior. (Fío) A história é tremenda: 1102: o bispo de Santiago, Gelmires, vai a Braga roubar as relíquias de S. Frutuoso, S. Silvestre, S. Cucufate e Sta. Susana. Um episódio conhecido como “Pio Latrocínio”. 1108: para vingar-se de Santiago, o bispo de Braga, Maurício Burdino (mais tarde antipapa Gregório VIII) consegue em Jerusalém a que…
15 9 2 K 29
15 9 2 K 29
18 meneos
187 clics

Carta que Alexandre Bóveda lle escribiu a Amalia horas antes de ser asasinado

"Faltan uns minutos e teño valor por vos, pola terra, por todos"
14 4 0 K 36
14 4 0 K 36
16 meneos
317 clics

"Poderíano escoller como epitafio"

"Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar no que eu repouse enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria". Lois Pereiro
10 6 0 K 42
10 6 0 K 42
15 meneos
171 clics
A pegada toponímica e patronímica dos suevos na Coruña

A pegada toponímica e patronímica dos suevos na Coruña

Os suevos eran un pobo xermánico que habitaba a ribeira leste do río Elba, nunha área comprendida entre o río Elba e o río Oder, que se corresponde na actualidade cos estados de Mecklemburgo, cuxa capital é Schwerin, e o estado de Brandeburgo, ámbolos dous pertencentes a extinta R.D.A. Eran, xa que logo, un pobo báltico e costeiro que se estendía entre Dinamarca e Polonia, de feito a costa norte da antiga R.D.A era chamada Mare Suebicum polos cronistas romanos. Tamén se di que os suecos, da raíz swe, son un pobo xermánico de orixe sueva.
13 meneos
126 clics
Xoaniña, voa, voa, que teu pai vai en Lisboa

Xoaniña, voa, voa, que teu pai vai en Lisboa

Está amplamente documentada a súa importancia na cultura popular galega, na que podemos atopar moitísimos ditos referidos ás xoaniñas. A nosa tradición, igual que outras, considéraa signo de fortuna e boa sorte e por iso a tempos presente en tantos ditos e cancións. Por exemplo, en países como Rusia, Italia ou Turquía, ao ver unha xoaniña pódese pedir un desexo e é sinal de boa sorte. Tamén, a Galipedia indica que en turco recibe o nome de “uğur böceği” que vén significar “becho da boa sorte”.
10 3 0 K 27
10 3 0 K 27
13 meneos
118 clics
Teresa Táboas entra no Consello da Unión Internacional de Arquitectos

Teresa Táboas entra no Consello da Unión Internacional de Arquitectos

Teresa Táboas vén de ser elixida membro do Consello da Unión Internacional de Arquitectos na 28ª Asemblea Xeral desta organización, celebrada durante o pasado mes de xullo. A candidatura de Táboas foi presentada e defendida polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) e complétase coa designación de Ángela Baldellou, actual directora do Observatorio 2030 do CSCAE, en calidade de suplente. A UIA é unha organización internacional non gobernamental que une ás federacións nacionais de arquitectura. Os seus obxectivos céntranse en promover unha arquitectura de calidade para…
18 meneos
640 clics

"Alba de Groria"

"Se no abrente deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única [...] unha infinda moitedume de luciñas e vagalumes, que son os seres innominados que ninguén recorda xa, e que todos xuntos forman o substractum insobornable da patria galega. Esas ánimas sen nome son as que crearon o idioma en que eu vos estou falando, a nosa cultura, as nosas artes, os nosos usos e costumes, i en fin, o feito diferencial de Galiza. [...] Esa moitedume...
39 meneos
154 clics
Feijóo nega que Reganosa queira "un encoro" nas Pontes malia publicitalo a propia empresa, da que a Xunta é accionista

Feijóo nega que Reganosa queira "un encoro" nas Pontes malia publicitalo a propia empresa, da que a Xunta é accionista

“Non se trata de facer un encoro, se trata de aproveitar a auga do lago para facer unha balsa e facer un circuíto integrado da auga e producir enerxía hidráulica”. Así describiu este xoves o presidente da Xunta o proxecto que vén de anunciar Reganosa, en alianza con EDP Renováveis. O presidente di que o anuncio da compañía, con varios altos cargos da Xunta no consello de administración, responde "aos seus propios intereses" e que cando presente formalmente o proxecto “miraremos o cumprimento da normativa ambiental".
22 17 1 K 35
22 17 1 K 35
« anterior123

menéame