2 meneos
110 clics
Galiza concentrará case a metade da extensión eólica mariña do Estado con 2.114 quilómetros cadrados
O Goberno aproba catro polígonos na costa cantábrica e un quinto a 21 quilómetros da desembocadura do Miño. Galiza converterase no gran provedor de enerxía eólica mariña de España. Dos 19 polígonos autorizados este martes polo Consello de Ministros, que aprobou os primeiros plans de ordenación do espazo marítimo (POEM), cinco sitúanse no mar galego, cunha superficie total de 2.114 quilómetros cadrados, o 43% do total. Catro deses novos parques galegos situaranse na costa Cantábrica, e o quinto na desembocadura do río Miño. Este será o máis próximo á costa dos galegos, a apenas 21 quilómetros, e por tanto o que terá maior impacto visual, aínda que o seu tamaño será menor que o conxunto dos do norte de Galicia, con 117 quilómetros cadrados. O Goberno especificou 19 zonas de alto potencial para o desenvolvemento de enerxía eólica no litoral español, repartidos en catro grandes áreas: a Noratlántica, a Levantina-Balear, a Canaria e a do Estreito e Alborán.
|
Click para ver los comentarios