Cousas da Galiza
3 meneos
3 clics

A Torre de Meira, a fortaleza derrubada polos Irmandiños e por Pedro Madruga  

A chamada Torre de Meira foi unha construción que comprendía apenas uns 96 metros cadrados, situada nun promontorio de 140 metros de altitude, pero que formaba parte dun complexo fortificado moito maior. A súa ocupación está documentada desde o século XV e pertenceu ás casas nobiliarias de Meira e Valadares.
A derriba da torre remóntase ás segundas Guerras Irmandiñas (1467-1469). Despois, Pedro Álvarez de Soutomaior, Pedro Madruga, foi o que ordenou a súa destrución até a base no ano 1476. Desde entón, a vella torre foi pasto de lendas.

| etiquetas: destrucción , torre , meira , pedro , madruga , guerras , irmandiñas

menéame