Cousas da Galiza
3 meneos
23 clics

Veciñanza alega contra a autovía da Xunta que afectaría a reserva da biosfera do Rato

A decisión da Xunta da Galiza de construír unha autovía sobre a reserva da biosfera do río Rato está a provocar unha gran contestación social en Lugo. Esta terza feira mesmo, entidades ecoloxistas, organizacións políticas e veciñanza das zonas afectadas rexistraron as súas alegacións contra esta proposta.

O proxecto de executar unha autovía sobre o parque do río Rato arranca do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Lugo de 2003. A proposta, impulsada polo Goberno socialista de José López Orozco, recollía a construción dunha vía entre a N-640 e a A-6 co obxectivo de desconxestionar a circulación na cidade. Neste sentido, xustificábase esa nova estrada en base ao suposto incremento do tráfico, como consecuencia do aumento futuro da poboación. As proxeccións de poboación e tráfico estabelecidos no PXOM non se cumpriron. Na mesma dirección, a intensidade do tráfico por esta área é inferior ás cifras proxectadas.

| etiquetas: autovía , reserva , biosfera , rato , proxección , alegacións , xunta

menéame