Paporroibo

Cando chegaba o inverno e as neves cubrían o Cebreiro, as avoas ao ver un paporroibo dicianlles aos cativos: estes paxariños veñen visitarnos pra lembrarnos que por moi cativo que sexas, se levas o lume ben encendido no corazón, non hai frío que te conxele.

Dito popular.