Cousas da Galiza
9 meneos
117 clics
A erosión do solo derivada dos lumes impedirá reforestar os espazos naturais

A erosión do solo derivada dos lumes impedirá reforestar os espazos naturais

Investigadores da USC adiantan unha degradación do terreo queimado e unha menor existencia de masa arbórea no futuro. Os incendios que devastaron a paisaxe galega xa están extintos, baixo control ou estabilizados. Porén, as súas consecuencias persistirán de maneira permanente. Segundo explican os expertos, a degradación do solo provocará unha vulnerabilidade que de cara ao futuro dificultará a repoboación. A superficie queimada supuxo unha das maiores perdas por incendio da historia de Galicia, pois estímase que máis de 30.000 hectáreas foron arrasadas no Courel, Valdeorras e Quiroga, con importantes perdas de fauna, flora e espazos naturais protexidos. “Cando existe unha masa de árbore ben formada, a cantidade de matogueira é moi reducida e o lume non se expande (...) O problema aquí é que os bosques incendiados están formados por estas matogueiras, e isto ocorre porque os solos fóronse degradando, tanto de maneira natural como polo paso doutros incendios ou pola tala de árbores (...)

| etiquetas: lume , bosques , fragas , antonio rigueiro , agustín merino

menéame