Cousas da Galiza
11 meneos
69 clics
Pitos de Portugal, investigadoras "aterecidas" e un ataque de risa no Parlamento

Pitos de Portugal, investigadoras "aterecidas" e un ataque de risa no Parlamento  

O tenso debate que esta terza feira rematou coa aprobación dos Orzamentos para 2024 tivo tamén momentos de certa comicidade, como o protagonizado pola nacionalista Olalla Rodil e o popular Moisés Rodríguez Pérez. Frenética sesión a que se viviu no Parlamento Galego para aprobar os orzamentos da Xunta para o vindeiro ano e comezar a despedir unha lexislatura cuxo fin está cada vez máis próximo. Os debates foron subindo o ton preelectoral, aínda que non só houbo momentos de tensión, senón tamén algún que outro 'ataque' de risa (...) Previamente, no marco doutro debate sobre as medidas no ámbito da ciencia e innovación que defende o BNG, a portavoz adxunta desta formación, Olalla Rodil, sufriu un ataque de risa na súa réplica ao deputado popular Moisés Rodríguez Pérez, quen citara a súa tía xa falecida para lembrar que acudía a Portugal a "comprar pitos" aos que logo puña "unha bombilla para mantelos en calor".

| etiquetas: pitos , pitiños , postdoutoral , carreira investigadora , rodil

menéame