Cousas da Galiza
12 meneos
92 clics
A visión sobre os irmandiños

A visión sobre os irmandiños

Sen dúbida un dos episodios máis fascinantes do s. XV foi a gran revolta irmandiña. Pero a visión popular sobre este momento pertence máis ao presente que o pasado! Explícome. Para empezar, fíxate nesta gráfica que sinala a presenza do termo no corpus de textos de Google Books en español. Aínda que nos textos galegos fálase antes das Irmandades medievais, o termo e, en certo xeito, a forma de velo, nace nos 70 e sobre todo a partir dos 90. Para comezar, unha imaxe arquetípica: os paisanos do rural con fouces, forcas e fachos queimando castelos, verdade?
Ben, pois FALSO. A verdade é moito máis fascinante e... evidente! ... Pero a ver, en que cabeza cabe queimar un castelo e derrubalo violentamente? Coa cantidade de cousas interesantes que hai dentro e que se poden aproveitar! Tratábase de causar o menor dano posible para levar todo o do interior: trabes, pedras... o que se puider! Cando as irmandades tomaron o castelo de Palmeira xa había barcos agardando para levar a pedra...

| etiquetas: magago , manolo gago , irmandades , pardo de cela , carballos

menéame