Cousas da Galiza
21 meneos
76 clics
Coñece o 'Xálima', un dos territorios irredentos da Galicia histórica

Coñece o 'Xálima', un dos territorios irredentos da Galicia histórica  

'Xálima' é un documental de RadioFusión emisoras, que conta coa realización da cooperativa Xarda, e que pretende achegar a poboación á terra da Fala. A terra da Fala é un “pequeno país” ao noroeste de Extremadura.

No século XII, unha colonización de galegos chegados a Extremadura se asentou na esquina máis noroccidental desta comunidade, a menos de 10 km de Portugal. Dise que, dese fito histórico, naceu a Fala, unha lingua que a día de hoxe segue a ser obxecto de estudo e que só permanece en tres vilas da zona: Valverdi du Fresnu, San Martiño de Trebello e As Ellas -coñecidas como os Tres Lugaris-. Estas tres vilas atópanse dentro do val coñecido como o Val do Xálima.

| etiquetas: xálima , documental , a fala , extremadura , irredento
14 7 1 K 28
14 7 1 K 28

menéame