Cousas da Galiza
23 meneos
31 clics
Ecoloxistas en Acción presenta querela contra a navieira propietaria do buque que provocou o vertido de pellets

Ecoloxistas en Acción presenta querela contra a navieira propietaria do buque que provocou o vertido de pellets

Ecoloxistas en Acción interporá este martes ás 10.30 horas, ante os Xulgados de Noia, querela contra a empresa neerlandesa propietaria no navío causante da vertedura por un delito contra o ambiente e os recursos naturais.

A organización lembra que o pasado 8 de decembro o buque Toconao, de bandeira de conveniencia, perdeu 6 contedores á altura de Viana do Castelo, preto xa de augas galegas. Un deses contedores, da empresa Bedeko Europe, contiña millares de sacos, de 25 kg cada un, cheos de millóns pellets de plástico, que se veñen esparexendo polas costas galegas.

Estas bolas de 5 mm de diámetro utilízanse para a fabricación de todo tipo de produtos, mais o seu reducido tamaño fai que sexan moi complicada a súa recollida unha vez que se mesturan coa area, denuncia a organización ecoloxista, lembrando que este vertido prodúcese “nunha zona na que vén de ampliarse a Rede Natura 2000 pola súa importancia como corredor ecolóxico de aves”.

| etiquetas: pellets , nurdles , microplásticos , bedeko , bandeiras de conveniencia
13 10 1 K 42
13 10 1 K 42

menéame