Cousas da Galiza

encontrados: 3, tiempo total: 0.005 segundos rss2
2 meneos
109 clics

Galiza concentrará case a metade da extensión eólica mariña do Estado con 2.114 quilómetros cadrados

O Goberno aproba catro polígonos na costa cantábrica e un quinto a 21 quilómetros da desembocadura do Miño. Galiza converterase no gran provedor de enerxía eólica mariña de España. Dos 19 polígonos autorizados este martes polo Consello de Ministros, que aprobou os primeiros plans de ordenación do espazo marítimo (POEM), cinco sitúanse no mar galego, cunha superficie total de 2.114 quilómetros cadrados, o 43% do total. Catro deses novos parques galegos situaranse na costa Cantábrica, e o quinto na desembocadura do río Miño. Este será o máis próximo á costa dos galegos, a apenas 21 quilómetros,…
3 meneos
7 clics

O Castro Valente e os Castelos Baleiros

[Hemeroteca] Cando rascuñas nas aldeas veciñas xorde a memoria do Castro Valente. Unha memoria enorme, con toda sorte de lendas e coplas. Unha memoria vinculada á noción de goberno, de poder e de riqueza. Na Negreira unha señora sempre recorda a Cerca co seu interior baleiro de piñeirais e brañas. Un lugar habitado polos mouros, que marcharan. No seu interior, asegura, está soterrada unha igrexa chea de ouro e riquezas. A vella ergue o dedo e recita:
Castro Valente, rico e prudente
Dous atributos do bo goberno clásico. E logo sinala cara as estribacións do monte Meda, da outra banda do…
3 meneos
6 clics

Os casos da Mariña que a Xunta agochou

Malia as reiteradas mensaxes que desde o Goberno galego daban por acoutado e controlado o brote de coronavirus nos concellos da Mariña nas xornadas previas ao 12-X, son varios os documentos oficiais que contradín estas afirmacións. O último, unha orde da Consellaría de Sanidade sobre medidas preventivas publicada no DOG (...) O Sergas cuantifica (con data do día 9) os casos en 224, 59 máis dos 165 que Sanidade trasladaba de maneira oficial, ou 34 máis, se se restan as persoas dadas de alta. Non foi esa a primeira vez que un auto xudicial sacaba á luz información do Sergas silenciada nas súas…

menéame