Cousas da Galiza
3 meneos
6 clics

Os casos da Mariña que a Xunta agochou

Malia as reiteradas mensaxes que desde o Goberno galego daban por acoutado e controlado o brote de coronavirus nos concellos da Mariña nas xornadas previas ao 12-X, son varios os documentos oficiais que contradín estas afirmacións. O último, unha orde da Consellaría de Sanidade sobre medidas preventivas publicada no DOG (...) O Sergas cuantifica (con data do día 9) os casos en 224, 59 máis dos 165 que Sanidade trasladaba de maneira oficial, ou 34 máis, se se restan as persoas dadas de alta. Non foi esa a primeira vez que un auto xudicial sacaba á luz información do Sergas silenciada nas súas canles oficiais. Esa mesma semana, outro xulgado de Lugo ratificaba as restricións que a Xunta decidira aplicar en 14 concellos da Mariña ante a evolución da epidemia, que supuxeron o seu confinamento a unha semana da cita electoral. Naquela resolución, a maxistrada remitíase tamén ao informe enviado pola Xunta, e asinado –como no outro caso– polo subdirector xeral de información sobre Saúde (...)

| etiquetas: brotes , surtos , mariña , 12-x , xunta , sergas , feijóo

menéame