Cousas da Galiza
3 meneos
7 clics

O Castro Valente e os Castelos Baleiros

[Hemeroteca] Cando rascuñas nas aldeas veciñas xorde a memoria do Castro Valente. Unha memoria enorme, con toda sorte de lendas e coplas. Unha memoria vinculada á noción de goberno, de poder e de riqueza. Na Negreira unha señora sempre recorda a Cerca co seu interior baleiro de piñeirais e brañas. Un lugar habitado polos mouros, que marcharan. No seu interior, asegura, está soterrada unha igrexa chea de ouro e riquezas. A vella ergue o dedo e recita:
Castro Valente, rico e prudente
Dous atributos do bo goberno clásico. E logo sinala cara as estribacións do monte Meda, da outra banda do río Ulla:
Pena de Miranda, moito mira e pouco manda
Da outra banda do monte, nunha illada aldeíña chamada o Confurco, outra vella abonda nas riquezas.
-Cando nos marcharon os homes á Guerra de África, os mouros de alá dicíanlle aos paisanos: “España, España. Alí está o Castro Valente, onde lle tirabamos ás cabras con croios de ouro” (...)


| etiquetas: castro valente , castelos , gago , mariño , capítulo 0

menéame