Cousas da Galiza

encontrados: 5, tiempo total: 0.197 segundos rss2
6 meneos
10 clics

O poder dunha canción: a Alborada de Pascual Veiga. (Fío twitter)

Na véspera do Día Nacional de Galicia quérovos contar unha historia sobre o poder dunha canción. E sempre que traballo sobre esta historia pónseme a pel de galiña. É a Alborada de Pascual Veiga, estreada en 1880 en Pontevedra. Para moitos, unha melodía que é todo: a ledicia e optimismo.
35 meneos
273 clics

Como os veciños de Teo planearon recuperar unha tradición de hai 200 anos para un bombazo mediático  

O 14 de xuño os veciños da contorna de Casalonga manifestáronse en Santiago contra o proxecto de vertedoiro de Toysal. Fixeron un tramo do Camiño e remataron na Quintana. Pero a súa idea era entrar na Catedral. A cabalo. E con todo o dereito (...) O señor do Pazo do Faramello tiña o privilexio real de entrar a cabalo na catedral. A condición era portar o anel do señor e vestir o cabalo dun xeito determinado. Gonzalo Rivero de Aguilar, actual señor do pazo e tamén afectado polo vertedoiro, aceptou. Pero o tema era incrible, porque o dereito de entrar a cabalo na catedral existía, pero NUNCA se exercera desde que fora concedido, en 1815 (...) O dereito era un xeito de devolver un enorme favor: o recontratataravó de Gonzalo, Manuel Rivero de Aguilar, convertera o Faramello nun núcleo da resistencia contra os franceses.
15 20 2 K 40
15 20 2 K 40
4 meneos
8 clics

Que haberá de perigoso en nós?

(...) escoitaba o Café Derby e pensaba en como reaccionariamos se eses desprezos á portuguesa —elegantes e educados— nolos fixeran non no Porto ou en Lisboa, senón en Madrid. No sur somos como un garavanzo no pé, e aínda así porfiamos en querer ser parte do zapato. Se en España se nos constrúe para encaixarnos nun rol folclórico, en Portugal deconstrúesenos para negarnos. Que haberá en nós tan perigoso como para que dunha fronteira nos retraten como seres ancestrais fóra do presente e da outra prefiran non mirarnos á cara por se atopan sospeitosos trazos familiares dos que os pais nunca lles falaron.
12 meneos
91 clics
A visión sobre os irmandiños

A visión sobre os irmandiños

Sen dúbida un dos episodios máis fascinantes do s. XV foi a gran revolta irmandiña. Pero a visión popular sobre este momento pertence máis ao presente que o pasado! Explícome. Para empezar, fíxate nesta gráfica que sinala a presenza do termo no corpus de textos de Google Books en español. Aínda que nos textos galegos fálase antes das Irmandades medievais, o termo e, en certo xeito, a forma de velo, nace nos 70 e sobre todo a partir dos 90. Para comezar, unha imaxe arquetípica: os paisanos do rural con fouces, forcas e fachos queimando castelos, verdade?
Ben, pois FALSO. A verdade é moito…
3 meneos
7 clics

O Castro Valente e os Castelos Baleiros

[Hemeroteca] Cando rascuñas nas aldeas veciñas xorde a memoria do Castro Valente. Unha memoria enorme, con toda sorte de lendas e coplas. Unha memoria vinculada á noción de goberno, de poder e de riqueza. Na Negreira unha señora sempre recorda a Cerca co seu interior baleiro de piñeirais e brañas. Un lugar habitado polos mouros, que marcharan. No seu interior, asegura, está soterrada unha igrexa chea de ouro e riquezas. A vella ergue o dedo e recita:
Castro Valente, rico e prudente
Dous atributos do bo goberno clásico. E logo sinala cara as estribacións do monte Meda, da outra banda do…

menéame