Cousas da Galiza
13 meneos
15 clics
A Xunta exclúe a central maioritaria, a CIG, da súa xuntanza con sindicatos e patronal para abordar o desconfinamento

A Xunta exclúe a central maioritaria, a CIG, da súa xuntanza con sindicatos e patronal para abordar o desconfinamento

A CIG considera moi grave que a Xunta ignore a primeira central sindical en Galiza da convocatoria das reunións que este mércores teñen lugar para tratar a situación laboral, económica e social do país en pleno proceso de 'desescalada'. A actuación do Goberno galego, co seu presidente Alberto Núñez Feixoo á cabeza, constitúe un exercicio de sectarismo que vulnera o dereito á representación dos miles de traballadores e traballadoras galegas que teñen apostado pola CIG.

O secretario xeral, Paulo Carril, denuncia que se aparte de maneira tan burda á CIG e que se desprecen as propostas socioeconómicas e laborais que a central nacionalista ten elaboradas para afrontar o proceso de retorno á actividade e as problemáticas existentes na crise derivada da emerxencia sanitaria.

| etiquetas: cig , xunta , desescalada , desconfinamento , feijóo , paulo carril
10 3 0 K 34
10 3 0 K 34

menéame