Cousas da Galiza
26 meneos
36 clics
Un século de Isaac Díaz Pardo, o artista que se negou a pintar Cuelgamuros

Un século de Isaac Díaz Pardo, o artista que se negou a pintar Cuelgamuros

O intelectual que creou o Sargadelos moderno canda Luís Seoane e promoveu a restitución da memoria histórica e cultural de Galicia naceu en Santiago de Compostela hai un século. Isaac Díaz Pardo sobrevivira á Guerra Civil. O seu pai Camilo, egrexio galeguista, deseñador gráfico e escenógrafo, non. Asasinárono os sublevados e o seu cadáver apareceu nunha gabia na Ulloa. Pero Isaac, daquela militante das Xuventudes Socialistas, conseguíu zafar, agochado na Coruña. Agora discorría a década gris dos 40, a ditadura fascista asentábase e Díaz Pardo abríase camiño como artista en Madrid, onde marchara estudar á Academia de San Fernando. Os seus retratos eran cotizados entre a cativa, miserábel burguesía da época. El, malia o éxito profesional, non se sentía cómodo. Unha oferta de traballo chegada da cúpula do réxime acabou de decidilo: non, negábase a participar na decoración de Cuelgamuros. Díaz Pardo regresou a Galicia, abandonou a pintura e, ao pouco, partiu cara ás Américas.

| etiquetas: díaz pardo , isaac , camilo , luis seoane , sargadelos

menéame