A decisión da Xunta da Galiza de construír unha autovía sobre a reserva da biosfera do río Rato está a provocar unha gran contestación social en Lugo. Esta terza feira mesmo, entidades ecoloxistas, organizacións políticas e veciñanza das zonas afectadas rexistraron as súas alegacións contra esta proposta.
O proxecto de executar unha autovía sobre o parque do río Rato arranca do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Lugo de 2003. A proposta, impulsada polo Goberno socialista de José López Orozco, recollía a construción dunha vía entre a N-640 e a A-6 co obxectivo de desconxestionar a…