O investigador do ICFO asina un traballo que acadou unhas taxas 'récord' de entrelazamento entre memorias cuánticas. Xusto despois de que finalizase o confinamento por mor da pandemia da Covid-19, na primavera de 2020, un grupo de físicos preparou dous laboratorios, separados por 10 metros, no Institut de Ciències Fotòniques (ICFO) de Castelldefells, perto de Barcelona. O experimento que querían desenvolver quedara paralizado polo estado de alarma, pero desde a casa, en remoto, aproveitaron para pulir con maior detalle o que querían demostrar, que non era pouco: conseguir o entrelazamento…