Cousas da Galiza

encontrados: 3, tiempo total: 0.014 segundos rss2
2 meneos
4 clics

Antonio Soto, o galego que liderou a Patagonia Rebelde

Antonio Soto era natural de Ferrol, pero con só 17 anos cruzou o Atlántico cruzou o Atlántico rumbo Arxentina, como fixeron moitos outros galegos, co obxectivo de ter unha vida mellor. Porén, o seu camiño nas terras da Patagonia foi diferente, pois liderou folgas rurais como secretario gremial da produción de lá para exportación. Era o ano 1918 cando Antonio Soto se aliñou ao sector bolchevique, nun contexto no que as condicións laborais que vivían campesiños e inmigrantes se aproximaban á escravitude. Xornadas laborais de entre 12 e 16 horas..
9 meneos
117 clics
A erosión do solo derivada dos lumes impedirá reforestar os espazos naturais

A erosión do solo derivada dos lumes impedirá reforestar os espazos naturais

Investigadores da USC adiantan unha degradación do terreo queimado e unha menor existencia de masa arbórea no futuro. Os incendios que devastaron a paisaxe galega xa están extintos, baixo control ou estabilizados. Porén, as súas consecuencias persistirán de maneira permanente. Segundo explican os expertos, a degradación do solo provocará unha vulnerabilidade que de cara ao futuro dificultará a repoboación. A superficie queimada supuxo unha das maiores perdas por incendio da historia de Galicia, pois estímase que máis de 30.000 hectáreas foron arrasadas no Courel, Valdeorras e Quiroga, con…
5 meneos
4 clics

Primeiro rebrote de coronavirus en Galicia con nove casos en Ribeira e A Pobra  

O xerente do SERGAS confirmou na tarde deste domingo o 1º foco de rebrote do coronavirus que se detecta nos últimos días, situado na comarca do Barbanza. Os casos serían importados xa que a súa orixe estaría nunha persoa que chegou de viaxe do Brasil. Ningún dos nove contaxiados requeriu polo momento hospitalización. Os tests PCR realizados aos contactos confirman 9 contaxios. A infeción detectouse o venres. O 1º contaxio é da filla da persoa que regresou a Galiza despois de estar en Brasil e regresou nun voo a Lisboa.

menéame