Cousas da Galiza

encontrados: 2, tiempo total: 0.007 segundos rss2
3 meneos
14 clics

Descobren un pene de pedra que se utilizaba no Reino de Galiza hai cinco séculos, durante as guerras Irmandiñas, para afiar armas

O "pene de pedra" das guerras irmandiñas desenterrado na Torre de Meira dá a volta ao mundo. O artefacto esperta o interese dos arqueólogos pola súa forma, pouco habitual na época medieval, e mesmo das páxinas do National Geographic.
Este enigmático obxecto de 15 centímetros en forma de pene foi desenterrado na Torre medieval de Meira, situada na Ría de Vigo por un equipo de expertos que estima a súa antigüidade nuns 500 anos.
Aínda que ao principio os investigadores de Arbore Arqueoloxía non entendían o propósito do obxecto, agora cren que o pene podería ter unha función moito máis…
3 meneos
3 clics

A Torre de Meira, a fortaleza derrubada polos Irmandiños e por Pedro Madruga  

A chamada Torre de Meira foi unha construción que comprendía apenas uns 96 metros cadrados, situada nun promontorio de 140 metros de altitude, pero que formaba parte dun complexo fortificado moito maior. A súa ocupación está documentada desde o século XV e pertenceu ás casas nobiliarias de Meira e Valadares.
A derriba da torre remóntase ás segundas Guerras Irmandiñas (1467-1469). Despois, Pedro Álvarez de Soutomaior, Pedro Madruga, foi o que ordenou a súa destrución até a base no ano 1476. Desde entón, a vella torre foi pasto de lendas.

menéame