Cousas da Galiza

encontrados: 3, tiempo total: 0.315 segundos rss2
30 meneos
341 clics
Vou contar unha das historias máis inquedantes da guerra da independencia

Vou contar unha das historias máis inquedantes da guerra da independencia

A desaparición, nunha noite, de dous escuadróns do exército francés na zona de Betanzos. Todo. Soldados e cabalos. Sen rastro. Ata hoxe, aínda non se sabe con certeza que aconteceu. Ou si (...) Pois ben, ao redor do 9 de febreiro, o Alto mando francés descubre que os dous escuadróns de artillería non aparecen.
200 homes de elite con 200 cabalos. Desaparecidos. Sen avisos. Sen trazas. Sen informacións de combates ou emboscadas. Nada (...) Esa noite douscentos franceses foron mortos. Foron sacados e sepultados nun lugar -ou lugares- que todos os rastreadores do exército non deron atopado. Pero…
19 11 0 K 42
19 11 0 K 42
3 meneos
3 clics

A Torre de Meira, a fortaleza derrubada polos Irmandiños e por Pedro Madruga  

A chamada Torre de Meira foi unha construción que comprendía apenas uns 96 metros cadrados, situada nun promontorio de 140 metros de altitude, pero que formaba parte dun complexo fortificado moito maior. A súa ocupación está documentada desde o século XV e pertenceu ás casas nobiliarias de Meira e Valadares.
A derriba da torre remóntase ás segundas Guerras Irmandiñas (1467-1469). Despois, Pedro Álvarez de Soutomaior, Pedro Madruga, foi o que ordenou a súa destrución até a base no ano 1476. Desde entón, a vella torre foi pasto de lendas.
35 meneos
273 clics

Como os veciños de Teo planearon recuperar unha tradición de hai 200 anos para un bombazo mediático  

O 14 de xuño os veciños da contorna de Casalonga manifestáronse en Santiago contra o proxecto de vertedoiro de Toysal. Fixeron un tramo do Camiño e remataron na Quintana. Pero a súa idea era entrar na Catedral. A cabalo. E con todo o dereito (...) O señor do Pazo do Faramello tiña o privilexio real de entrar a cabalo na catedral. A condición era portar o anel do señor e vestir o cabalo dun xeito determinado. Gonzalo Rivero de Aguilar, actual señor do pazo e tamén afectado polo vertedoiro, aceptou. Pero o tema era incrible, porque o dereito de entrar a cabalo na catedral existía, pero NUNCA se exercera desde que fora concedido, en 1815 (...) O dereito era un xeito de devolver un enorme favor: o recontratataravó de Gonzalo, Manuel Rivero de Aguilar, convertera o Faramello nun núcleo da resistencia contra os franceses.
15 20 2 K 40
15 20 2 K 40

menéame