Cousas da Galiza

encontrados: 2, tiempo total: 0.014 segundos rss2
2 meneos
109 clics

Galiza concentrará case a metade da extensión eólica mariña do Estado con 2.114 quilómetros cadrados

O Goberno aproba catro polígonos na costa cantábrica e un quinto a 21 quilómetros da desembocadura do Miño. Galiza converterase no gran provedor de enerxía eólica mariña de España. Dos 19 polígonos autorizados este martes polo Consello de Ministros, que aprobou os primeiros plans de ordenación do espazo marítimo (POEM), cinco sitúanse no mar galego, cunha superficie total de 2.114 quilómetros cadrados, o 43% do total. Catro deses novos parques galegos situaranse na costa Cantábrica, e o quinto na desembocadura do río Miño. Este será o máis próximo á costa dos galegos, a apenas 21 quilómetros,…
2 meneos
5 clics

Muíños contra cabalos: así é a ameaza eólica de Sabucedo que denunciou Sorogoyen nos Goya

O director de 'As Bestas' enxalzou o labor da asociación galega que defende as mandas salvaxes, agora en perigo por catro parques. Segundo explica Vicente Monteagudo, adoitan ter “moitos problemas” coa entrada de bestas en parcelas privadas que rodean o monte. Coa construción dos aeroxeradores, os cabalos vanse deslocalizar aínda máis, moveranse e baixarán ás aldeas, xerando problemáticas coa veciñanza. “Vanse construír enormes rotondas e pistas que van facer que sexa máis fácil roubar gando, agravando aínda máis o problema”.

menéame