Cousas da Galiza

encontrados: 7, tiempo total: 0.005 segundos rss2
30 meneos
242 clics

A fachada do Obradoiro conta a historia dunha familia sagrada, pero se cadra non é a que esperas  

A traza foi deseñada por Fernando de Casas e Novoa. Na fachada cóntanse unha serie de historias que son a suma da traxectoria relixiosa, cultural e estratéxica da Catedral como institución. Un auténtico aparato de propaganda que emite mensaxes. Por exemplo: arriba está Santiago, con dous reis axeonllados ante el. Deixa claro que os monarcas hispánicos lle deben homenaxe e tributo ao Patrón. O patronazgo (e as inmensas rendas) eran cuestionadas desde fins do XVI por outros intereses en Castela e máis lugares. Máis abaixo están os discípulos, a estrela e a arca de mármore. É dicir, está a…
16 14 2 K 29
16 14 2 K 29
4 meneos
17 clics

Si el camino quiero hacer...  

los pies tienen que doler... Y por todo lo logrado - Estádesnos molestando, isto é unha cidade, non é un monte.
35 meneos
273 clics

Como os veciños de Teo planearon recuperar unha tradición de hai 200 anos para un bombazo mediático  

O 14 de xuño os veciños da contorna de Casalonga manifestáronse en Santiago contra o proxecto de vertedoiro de Toysal. Fixeron un tramo do Camiño e remataron na Quintana. Pero a súa idea era entrar na Catedral. A cabalo. E con todo o dereito (...) O señor do Pazo do Faramello tiña o privilexio real de entrar a cabalo na catedral. A condición era portar o anel do señor e vestir o cabalo dun xeito determinado. Gonzalo Rivero de Aguilar, actual señor do pazo e tamén afectado polo vertedoiro, aceptou. Pero o tema era incrible, porque o dereito de entrar a cabalo na catedral existía, pero NUNCA se exercera desde que fora concedido, en 1815 (...) O dereito era un xeito de devolver un enorme favor: o recontratataravó de Gonzalo, Manuel Rivero de Aguilar, convertera o Faramello nun núcleo da resistencia contra os franceses.
15 20 2 K 40
15 20 2 K 40
4 meneos
7 clics

Inauguración da exposición “Domingo de Andrade: xenio e oficio”

Andrade é o mestre galego ao que a Real Academia Galega de Belas Artes adica o Día das Artes Galegas 2020, para a difusión da súa figura e traxectoria artística. É un dos grandes arquitectos naturais de Galiza en pleno Barroco, mestre dos máis importantes artistas do s. XVIII e figura destacada da arquitectura española nos dous campos onde exerceu o seu oficio, a retablística e a construción. A exposición consta de 24 paneis onde se mostra, con imaxes fotográficas, planos e textos, a súa longa traxectoria de obras e proxectos por distintas localidades galegas como Santiago, Lugo, Ourense, A…
23 meneos
81 clics
Documental «Pórtico da Gloria. Polos séculos dos séculos»

Documental «Pórtico da Gloria. Polos séculos dos séculos»  

Programa documentario da TVG en catro episodios sobre o proceso de restauración da catedral de Santiago de Compostela, que amosa o proceso de restauración e a recuperación, só mediante métodos de limpeza, da policromía do Pórtico de la Gloria durante os últimos 10 años, a súa historia e a súa iconografía.
9 14 0 K 50
9 14 0 K 50
38 meneos
76 clics

Aniversario da proclamación da efémera I República Galega  

Proclamouse o 27 de xuño de 1931, un día antes das eleccións ás Cortes, cando activistas como Pedro Campos ou Alonso Ríos declararon que a solución para os problemas de Galiza non pasaba por integrarse nunha República Española senón por optar pola creación da I República Galega. A declaración do Estado Galego veu propiciada por un ambiente de malestar xerado polo caciquismo imperante e mais pola paralización das obras do ferrocarril, deixando sen traballo a 12.000 obreiros.
14 24 1 K 32
14 24 1 K 32
5 meneos
3 clics

DomusVI rebélaselle á Xunta e cúlpaa ante as familias dos anciáns pola xestión do coronavirus

A directora da residencia da empresa en Compostela acusa o Goberno galego de tardar 9 días en comezar a hospitalización de enfermos de coronavirus e de rexeitar o traslado dos máis dependentes. Vellez Digna atopa verosímil a denuncia "pois algo debeu pasar para que deixasen morrer tantas persoas", pero ve tamén un intento da empresa de "escusarse" pola mala xestión realizada.

menéame