Cousas da Galiza
4 meneos
7 clics

Inauguración da exposición “Domingo de Andrade: xenio e oficio”

Andrade é o mestre galego ao que a Real Academia Galega de Belas Artes adica o Día das Artes Galegas 2020, para a difusión da súa figura e traxectoria artística. É un dos grandes arquitectos naturais de Galiza en pleno Barroco, mestre dos máis importantes artistas do s. XVIII e figura destacada da arquitectura española nos dous campos onde exerceu o seu oficio, a retablística e a construción. A exposición consta de 24 paneis onde se mostra, con imaxes fotográficas, planos e textos, a súa longa traxectoria de obras e proxectos por distintas localidades galegas como Santiago, Lugo, Ourense, A Coruña, Oseira, Sobrado, Tui… Construcións relixiosas e civís, templos, vivendas, claustros, sacristías, tabernáculos... mesmo escribiu un tratado de Arquitectura. Os historiadores seguen achegando novos datos e novas sobre a súa vida e produción, actualizando a visión que se ten da mesma.
Destacan, entre as súas numerosas obras, a ordenación da Quintana ou a Torre do Reloxo, en Compostela.

| etiquetas: andrade , compostela

menéame