Cousas da Galiza
3 meneos
2 clics

Miño pagará as sentenzas xudiciais aos expropiados da macro urbanización que Fadesa deixou a medio facer

O Concello de Miño formalizará a operación crediticia para o pago das sentenzas xudiciais aos expropiados de Fadesa. O pleno facultará ao alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, para asinar o préstamo co banco designado polo Instituto de Crédito Oficial.
O límite para efectuar o pago era o 31 de maio, pero tras a declaración do estado de alarma os prazos quedaron dilatados. En todo caso, está previsto que o banco ingrese as cantidades a terceira semana de xuño.
Segundo informa o Goberno local, o Concello presentaba ao peche do exercicio de 2019 unha débeda total de 22,3 millóns de euros, debido "principalmente ao proceso de expropiación" da macro urbanización de Fadesa.

| etiquetas: pago , concello de miño , deuda , expropiados , quiebra , fadesa

menéame