Cousas da Galiza
26 meneos
299 clics
“O feísmo galego non existe, é un debate culpabilizador e interesado que xorde dun medio de comunicación”

“O feísmo galego non existe, é un debate culpabilizador e interesado que xorde dun medio de comunicación”

Os profesores X. Manuel Santos Solla e Ma de los Ángeles Piñeiro Antelo veñen de publicar un traballo moi crítico sobre a campaña contra o chamado ‘feísmo’ na Galiza. É esta a terra do feísmo? Que é feísmo? Existe? Para o catedrático de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) non existe. Trátase, na súa opinión, dun concepto ideado para unha campaña de “culpabilización” do rural galego artellada desde elites urbanitas para ir alén do estético e situarse no plano do poder.

| etiquetas: santos solla , piñeiro antelo , feísmo , usc , xeografía
12 14 0 K 45
12 14 0 K 45

menéame