Cousas da Galiza
3 meneos
4 clics

Comunicado da AIC sobre o desmantelamento das universidades públicas galegas

A Asemblea de Investigadoras de Compostela quere manifestar o absoluto repudio ao borrador da Xunta para a implantación dun modelo de docencia mixta (...) 1 de cada 3 fogares galegos non dispón de conexión de Internet de banda ancha. É dicir, o Goberno galego pretende que a segunda comunidade autónoma con peor acceso de banda ancha sexa a primeira en introducir un modelo semipresencial no que o acceso á rede é indispensable para seguir a docencia. Isto suporía engadir unha dificultade máis á xa precaria situación, no que a medios materiais se refire, da meirande parte do estudantado, mesmo excluíndo a certos sectores da comunidade universitaria. Cómpre así mesmo cuestionar a necesidade deste cambio de modalidade, máis aínda cando constituiría unha total imposición que vai en detrimento da autonomía universitaria. A potestade para establecer e cambiar os mecanismos docentes debe, en todo caso, recaer nas universidades, e non nos axentes gubernamentais externos (...)

| etiquetas: usc , udc , udv , xunta , ensino público , telemático , banda ancha

menéame