Cousas da Galiza

encontrados: 2, tiempo total: 0.007 segundos rss2
4 meneos
7 clics

Historias do contrabando na Raia  

Os vínculos lingüísticos, históricos, sociais e culturais dos lugares e persoas que viven a un e outro lado da fronteira entre Galicia e Portugal son evidentes. Comprobámolo percorrendo en coche e gravando durante sete días toda a zona. A través da viaxe coñecemos os nexos entre as dúas realidades. O resultado: Un documental en forma de road trip que vai parando en numerosas localidades, de oriente a occidente, para falar con diferentes persoas de cada unha delas e poñer en valor os costumes e a riqueza patrimonial e cultural propia desta área. Un documental realizado por Xarda Cooperativa Galega para Nós Televisión co apoio da Deputación de Ourense, a Eurocidade Chaves-Verín, o Concello de Hermisende, o Concello de Entrimo, o Concello de Tomiño, o Concello de Tui e a Câmara Municipal de Montalegre.
2 meneos
7 clics

A peste no Porto en 1899: o ‘paciente cero’ galego e temor na Raia

No final do verán e o outono de 1899 había un tema de conversa principal entre os lectores dos diarios en Galicia: a peste bubónica que afectou á cidade do Porto, e que, pola súa proximidade, xerou unha importante inquedanza no país. E ademais, moitas das investigacións coinciden en sinalar en que o paciente cero foi un estibador galego: Gregorio Blanco. Todo comezou o día 5 de xuño, aínda que a alerta sanitaria non saltaría ata varias semanas despois: “Espanhol, de 47 anos de idade, era carrejão de bordo e de armazéns de porto..."

menéame