Cousas da Galiza

encontrados: 13, tiempo total: 0.017 segundos rss2
5 meneos
6 clics

Detido o pai dunha alumna que se negaba a levar máscara

Ocorreu no CEIP San Pedro de Visma. Foi esposado pola policía tras un intento de agresión cunha muleta que atopou e que usaba outra alumna. Dende o centro confirmáronnos que o episodio aconteceu sen presencia de alumnado. “Foi un momento moi desagradable”, dinos o seu director.
5 meneos
5 clics

'Galegofobia' na CRTVG: Estes foron os comentarios contra o galego de dous tertulianos da Radio Galega denunciados por Defende a Galega  

Non todo foi celebración e reivindicación este Día das Letras Galegas. No faladoiro da mañá da Radio Galega, no programa 'Galicia por Diante', dous dos participantes cuestionaron a “utilidade” da lingua galega e criticaron a súa “imposición”, até o punto de mentir afirmando que a meirande parte das materias nos centros de ensino son impartidas en galego. Denunciouno, a través das redes sociais, o colectivo Defende a Galega. María Jamardo, xornalista en El debate e quen fora presidenta do partido Sociedad Civil y Democracia (SCD), partido fundado polo empresario e político Mario Conde,…
3 meneos
6 clics

Psicogeografia do cinema galego: política, ruralismo e vanguarda

Com o surgimento do novo cinema a Galiza deixou de ser objeto (cenário de produçons alheas) para, por primeira vez, erigir-se em sujeito e falar com voz própria, deixando atrás modelos narrativos importados e dramaturgias comerciais. e superando o realismo social como modo único de representaçom. O novo cinema galego nom fala da Galiza senom que fala desde a Galiza. A sua madurez artística permite-lhe observar e incidir no mundo além das nossas fronteiras. Neste senso som mais galegas as películas marroquinas de Oliver Laxe que as produçons espanholas rodadas nas paisages galegas. Vía Por que ninguén se pregunta porque en Galicia é máis fácil facer filmes rurais?
3 meneos
8 clics

Manifesto de Grou

Este manifesto dirixiuse á xente da parroquia de San Mamede de Grou (Lobios) e está considerado como o último apelo para conmemorar o Dia da Patria de 1936 no interior do país, cando xa case todo o territorio galego estaba sobre control do fascismo.
20 meneos
161 clics

Cantigas de Santa María, por que en galego?  

Dende os séculos XII ao XV, o galego converteuse na lingua por excelencia da lírica da Península Ibérica. Unha das xoias literarias, musicais e pictóricas daquel entón, do século XIII, son as Cantigas de Santa María. A corte de Afonso X escribiu as Cantigas de Santa María en galego para avalar a súa candidatura como emperador ante o Papa. Mais por que en galego? Que importante papel xogaba a nosa lingua en semellante operación estratéxica do monarca?
11 9 0 K 26
11 9 0 K 26
24 meneos
59 clics
As Letras Galegas de 2021 estarán dedicadas a Xela Arias

As Letras Galegas de 2021 estarán dedicadas a Xela Arias

A Real Academia Galega renderalle homenaxe a unha voz singular da xeración que anovou nos anos 80 a poesía galega en temas, estilo e forma; e recoñecerá tamén o seu papel como tradutora. A institución tomou a decisión nun pleno en que foi ademais elixida académica de número Ana Isabel Boullón.
12 12 0 K 43
12 12 0 K 43
24 meneos
256 clics
@mundofodechincho, unha plataforma para denunciar as agresións a Galicia do "españolismo máis rancio"

@mundofodechincho, unha plataforma para denunciar as agresións a Galicia do "españolismo máis rancio"

2.000 persoas seguen a esta conta de Twitter que combate os menosprezos á lingua e cultura galegas.
4 meneos
7 clics

Alén de "cobra", outra palabra galega nomea un animal exótico en todo o mundo: "zebra" [GL-PT]  

A palabra "cebra" é de probábel orixe sueva e un galeguismo noutros idiomas. Traballo brasileiro onde se explica: "Os equídeos africanos conhecidos internacionalmente como zebra não derivam seu nome de uma língua africana, mas do galego-português zebro" shorturl.me/RExFdI (...) Sabendo o anterior, esta iniciativa parece algo pailaroca. A cebra non só nos representa, senon que ten nome galego.
38 meneos
76 clics

Aniversario da proclamación da efémera I República Galega  

Proclamouse o 27 de xuño de 1931, un día antes das eleccións ás Cortes, cando activistas como Pedro Campos ou Alonso Ríos declararon que a solución para os problemas de Galiza non pasaba por integrarse nunha República Española senón por optar pola creación da I República Galega. A declaración do Estado Galego veu propiciada por un ambiente de malestar xerado polo caciquismo imperante e mais pola paralización das obras do ferrocarril, deixando sen traballo a 12.000 obreiros.
14 24 1 K 32
14 24 1 K 32
2 meneos
7 clics

Feijóo pensa que os galegos somos parvos?

Feijóo di que non lle adica "nin un minuto" á campaña electoral. Pensa que os galegos somos parvos?
Confirmamos, Feijóo pensa que os galegos somos parvos.
4 meneos
9 clics

Semente divulga poema inédito de Carvalho Calero  

O proxecto Semente Trasancos fixo público neste sábado 16 de maio, véspera do Día das Letras, o primeiro poema que Ricardo Carvalho Calero escribiu en galego como homenaxe á súa figura. "A Galiza" é o título desta composición que a asociación gravou e colgou nun vídeo na plataforma YouTube.
22 meneos
205 clics

A nosa bandeira, machucada con retranca  

Vía @opaco. ChampiKhan é un usuario de reddit que me enche o ollo coas bandeiras que fai; as últimas, machucos da nosa bandeira con outras, que no caso das de Irán e Arabia Saudita tamén as combinou cunha pouca retranca. En www.reddit.com/r/vexillology/comments/ghjwnw/galician_mashups/
15 7 0 K 38
15 7 0 K 38
2 meneos
2 clics

A Real Academia Galega traslada o Día das Letras Galegas ao 31 de outubro

A Real Academia Galega acordou pospoñer o pleno extraordinario e público do Día das Letras Galegas dedicado a Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990) ante a situación provocada pola pandemia da COVID-19. A sesión mantense no lugar previsto, o teatro Jofre de Ferrol, pero trasladarase do domingo 17 de maio ao sábado 31 de outubro, xusto un día despois do 110 aniversario do nacemento do homenaxeado. De igual xeito, os demais actos presenciais que a institución (...)

menéame