Cousas da Galiza

encontrados: 2, tiempo total: 0.013 segundos rss2
3 meneos
3 clics

A CIG faise coa maioría absoluta no comité de Amazon en Porriño a primeira vez que se escolle representación

A FGAMT-CIG fíxose coa maioría absoluta nas eleccións sindicais que se veñen de celebrar na central loxística e de distribución que Amazon ten no polígono porriñés da Granxa ao lograr 4 dos 5 delegados/as do comité de empresa a primeira vez que se escolle representación. No proceso que tivo lugar recentemente no centro de traballo porriñés de Amazon a central sindical colleitou 60 votos do total de 83 emitidos (dun censo de 96 persoas), mentres que un sindicato independente, o único que foi quen de presentar candidatura ademais da CIG.
3 meneos
5 clics

A vítima do pozo do Cerquido corresponde a un home que vivía no Porriño  

Aínda que as mostras de ADN, tanto da vítima como da súa nai, están pendentes de confirmación ao 100% polo Laboratorio de Criminalística da Garda Civil, en Madrid; todo indica que o cadáver en avanzado estado de descomposición, achado o 21 de febreiro de 2021 nun pozo do Cerquido, é un cidadán portugués de 37 anos, veciño de Vilanova de Cerveira, residente no Porriño e vinculado á compra- venda de vehículos.

Os familiares da vítima, ademais de identificaren o seu retrato, tamén confirmaron, xunto coa historia clínica, unha antiga fractura nun óso dunha man, que coincide co esqueleto do corpo do pozo.

menéame