Cousas da Galiza

encontrados: 7, tiempo total: 0.031 segundos rss2
3 meneos
8 clics

Manifesto de Grou

Este manifesto dirixiuse á xente da parroquia de San Mamede de Grou (Lobios) e está considerado como o último apelo para conmemorar o Dia da Patria de 1936 no interior do país, cando xa case todo o territorio galego estaba sobre control do fascismo.
3 meneos
7 clics

Un acto da Xunta no Día Nacional de Galiza, nove anos despois

A última vez que a Xunta organizou un acto de seu durante o Día Nacional de Galiza, Alberto Núñez Feijóo só gañara unha vez as eleccións como candidato do PP á presidencia. Mariano Rajoy encabezaba o Goberno de España dende había apenas medio ano e Caixa Galicia e Caixanova conformaban unha única entidade chamada Novacaixagalicia que, pouco antes, se vira obrigada a bancarizarse e que aínda non precisara un rescate milmillonario. Estas referencias temporais son unha boa mostra do tempo que o Goberno galego leva ausente da conmemoración ...
4 meneos
4 clics

Galicia gaña 5.713 habitantes en 2023, con Lugo como a única provincia que perde poboación

Galicia gañou 5.713 habitantes en 2023, ata situarse nos 2.696.177 galegos, segundo as 'Cifras oficiais de poboación dos municipios españois' correspondentes á revisión do Padrón municipal de 2023, publicadas este martes polo Instituto Nacional de Estatística.
Así, todas as provincias da Comunidade gañaron poboación excepto Lugo. En concreto, esta rexión quedou nos 323.956 habitantes, 33 menos que hai un ano. No que respecta ao sete grandes cidades, todas elas gañaron poboación no último ano menos Ferrol e Pontevedra, que perderon 268 e 293 persoas, respectivamente, ata quedar con 63.890 e 82.535 habitantes.
3 meneos
6 clics

Psicogeografia do cinema galego: política, ruralismo e vanguarda

Com o surgimento do novo cinema a Galiza deixou de ser objeto (cenário de produçons alheas) para, por primeira vez, erigir-se em sujeito e falar com voz própria, deixando atrás modelos narrativos importados e dramaturgias comerciais. e superando o realismo social como modo único de representaçom. O novo cinema galego nom fala da Galiza senom que fala desde a Galiza. A sua madurez artística permite-lhe observar e incidir no mundo além das nossas fronteiras. Neste senso som mais galegas as películas marroquinas de Oliver Laxe que as produçons espanholas rodadas nas paisages galegas. Vía Por que ninguén se pregunta porque en Galicia é máis fácil facer filmes rurais?
18 meneos
189 clics

Carta que Alexandre Bóveda lle escribiu a Amalia horas antes de ser asasinado

"Faltan uns minutos e teño valor por vos, pola terra, por todos"
14 4 0 K 36
14 4 0 K 36
30 meneos
63 clics

O eucalipto: unha especie foránea que deixa montes queimados e rendementos económicos

Non conta cunha figura legal, o que favorece que continúe a propagación dos incendios forestais ao non poder regularizar nin definir o territorio de plantación. Unha investigación destaca que non é recomendable seguir coas políticas de actuación vixentes, xa que Galicia "cometería o risco de converterse nun territorio de monocultivo forestal de eucaliptais".
19 11 0 K 39
19 11 0 K 39
4 meneos
9 clics

Semente divulga poema inédito de Carvalho Calero  

O proxecto Semente Trasancos fixo público neste sábado 16 de maio, véspera do Día das Letras, o primeiro poema que Ricardo Carvalho Calero escribiu en galego como homenaxe á súa figura. "A Galiza" é o título desta composición que a asociación gravou e colgou nun vídeo na plataforma YouTube.

menéame