Cousas da Galiza

encontrados: 18, tiempo total: 0.146 segundos rss2
3 meneos
8 clics

Manifesto de Grou

Este manifesto dirixiuse á xente da parroquia de San Mamede de Grou (Lobios) e está considerado como o último apelo para conmemorar o Dia da Patria de 1936 no interior do país, cando xa case todo o territorio galego estaba sobre control do fascismo.
25 meneos
71 clics
Mais de 50% dos traballadores transfronteirizos na Unión Europea están entre Portugal e Galiza

Mais de 50% dos traballadores transfronteirizos na Unión Europea están entre Portugal e Galiza

As Eurorrexións dos Estados membro da UE Portugal, España e Francia reuniránse para promover a cooperación e abordar o estatuto do traballador transfronteirizo. Nuno Almeida, presidente do AECT Galiza – Norte de Portugal, destacou que, aínda que este estatuto fora debatido nas últimas cimeiras Luso-Españolas, aínda non se concretizou. De 1,3 millóns de traballadores transfronteirizos en Europa, máis da metade están entre Galiza e o Norte de Portugal. O encontro terá lugar en Vigo, e busca intensificar a cooperación entre as rexións, abordar a innovación e discutir a cultura e o patrimonio. A Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal abarca 51 mil quilómetros cadrados e ten unha poboación de 6,4 millóns de habitantes.
10 15 3 K 30
10 15 3 K 30
5 meneos
5 clics

'Galegofobia' na CRTVG: Estes foron os comentarios contra o galego de dous tertulianos da Radio Galega denunciados por Defende a Galega  

Non todo foi celebración e reivindicación este Día das Letras Galegas. No faladoiro da mañá da Radio Galega, no programa 'Galicia por Diante', dous dos participantes cuestionaron a “utilidade” da lingua galega e criticaron a súa “imposición”, até o punto de mentir afirmando que a meirande parte das materias nos centros de ensino son impartidas en galego. Denunciouno, a través das redes sociais, o colectivo Defende a Galega. María Jamardo, xornalista en El debate e quen fora presidenta do partido Sociedad Civil y Democracia (SCD), partido fundado polo empresario e político Mario Conde,…
3 meneos
6 clics

Psicogeografia do cinema galego: política, ruralismo e vanguarda

Com o surgimento do novo cinema a Galiza deixou de ser objeto (cenário de produçons alheas) para, por primeira vez, erigir-se em sujeito e falar com voz própria, deixando atrás modelos narrativos importados e dramaturgias comerciais. e superando o realismo social como modo único de representaçom. O novo cinema galego nom fala da Galiza senom que fala desde a Galiza. A sua madurez artística permite-lhe observar e incidir no mundo além das nossas fronteiras. Neste senso som mais galegas as películas marroquinas de Oliver Laxe que as produçons espanholas rodadas nas paisages galegas. Vía Por que ninguén se pregunta porque en Galicia é máis fácil facer filmes rurais?
4 meneos
11 clics

“Poñer a Galicia por riba do meu partido, xamais…”  

Declaracións do Presidente no Debate do Estado da Autonomía 2021.
3 meneos
7 clics

Un acto da Xunta no Día Nacional de Galiza, nove anos despois

A última vez que a Xunta organizou un acto de seu durante o Día Nacional de Galiza, Alberto Núñez Feijóo só gañara unha vez as eleccións como candidato do PP á presidencia. Mariano Rajoy encabezaba o Goberno de España dende había apenas medio ano e Caixa Galicia e Caixanova conformaban unha única entidade chamada Novacaixagalicia que, pouco antes, se vira obrigada a bancarizarse e que aínda non precisara un rescate milmillonario. Estas referencias temporais son unha boa mostra do tempo que o Goberno galego leva ausente da conmemoración ...
20 meneos
161 clics

Cantigas de Santa María, por que en galego?  

Dende os séculos XII ao XV, o galego converteuse na lingua por excelencia da lírica da Península Ibérica. Unha das xoias literarias, musicais e pictóricas daquel entón, do século XIII, son as Cantigas de Santa María. A corte de Afonso X escribiu as Cantigas de Santa María en galego para avalar a súa candidatura como emperador ante o Papa. Mais por que en galego? Que importante papel xogaba a nosa lingua en semellante operación estratéxica do monarca?
11 9 0 K 26
11 9 0 K 26
24 meneos
59 clics
As Letras Galegas de 2021 estarán dedicadas a Xela Arias

As Letras Galegas de 2021 estarán dedicadas a Xela Arias

A Real Academia Galega renderalle homenaxe a unha voz singular da xeración que anovou nos anos 80 a poesía galega en temas, estilo e forma; e recoñecerá tamén o seu papel como tradutora. A institución tomou a decisión nun pleno en que foi ademais elixida académica de número Ana Isabel Boullón.
12 12 0 K 43
12 12 0 K 43
5 meneos
6 clics

Detido o pai dunha alumna que se negaba a levar máscara

Ocorreu no CEIP San Pedro de Visma. Foi esposado pola policía tras un intento de agresión cunha muleta que atopou e que usaba outra alumna. Dende o centro confirmáronnos que o episodio aconteceu sen presencia de alumnado. “Foi un momento moi desagradable”, dinos o seu director.
24 meneos
256 clics
@mundofodechincho, unha plataforma para denunciar as agresións a Galicia do "españolismo máis rancio"

@mundofodechincho, unha plataforma para denunciar as agresións a Galicia do "españolismo máis rancio"

2.000 persoas seguen a esta conta de Twitter que combate os menosprezos á lingua e cultura galegas.
4 meneos
7 clics

Alén de "cobra", outra palabra galega nomea un animal exótico en todo o mundo: "zebra" [GL-PT]  

A palabra "cebra" é de probábel orixe sueva e un galeguismo noutros idiomas. Traballo brasileiro onde se explica: "Os equídeos africanos conhecidos internacionalmente como zebra não derivam seu nome de uma língua africana, mas do galego-português zebro" shorturl.me/RExFdI (...) Sabendo o anterior, esta iniciativa parece algo pailaroca. A cebra non só nos representa, senon que ten nome galego.
38 meneos
76 clics

Aniversario da proclamación da efémera I República Galega  

Proclamouse o 27 de xuño de 1931, un día antes das eleccións ás Cortes, cando activistas como Pedro Campos ou Alonso Ríos declararon que a solución para os problemas de Galiza non pasaba por integrarse nunha República Española senón por optar pola creación da I República Galega. A declaración do Estado Galego veu propiciada por un ambiente de malestar xerado polo caciquismo imperante e mais pola paralización das obras do ferrocarril, deixando sen traballo a 12.000 obreiros.
14 24 1 K 32
14 24 1 K 32
2 meneos
7 clics

Feijóo pensa que os galegos somos parvos?

Feijóo di que non lle adica "nin un minuto" á campaña electoral. Pensa que os galegos somos parvos?
Confirmamos, Feijóo pensa que os galegos somos parvos.
4 meneos
9 clics

Semente divulga poema inédito de Carvalho Calero  

O proxecto Semente Trasancos fixo público neste sábado 16 de maio, véspera do Día das Letras, o primeiro poema que Ricardo Carvalho Calero escribiu en galego como homenaxe á súa figura. "A Galiza" é o título desta composición que a asociación gravou e colgou nun vídeo na plataforma YouTube.
22 meneos
205 clics

A nosa bandeira, machucada con retranca  

Vía @opaco. ChampiKhan é un usuario de reddit que me enche o ollo coas bandeiras que fai; as últimas, machucos da nosa bandeira con outras, que no caso das de Irán e Arabia Saudita tamén as combinou cunha pouca retranca. En www.reddit.com/r/vexillology/comments/ghjwnw/galician_mashups/
15 7 0 K 38
15 7 0 K 38
2 meneos
2 clics

A Real Academia Galega traslada o Día das Letras Galegas ao 31 de outubro

A Real Academia Galega acordou pospoñer o pleno extraordinario e público do Día das Letras Galegas dedicado a Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990) ante a situación provocada pola pandemia da COVID-19. A sesión mantense no lugar previsto, o teatro Jofre de Ferrol, pero trasladarase do domingo 17 de maio ao sábado 31 de outubro, xusto un día despois do 110 aniversario do nacemento do homenaxeado. De igual xeito, os demais actos presenciais que a institución (...)
3 meneos
19 clics

A Xustiza pon en dúbida que as esculturas do Mestre Mateo que reclama Santiago sexan as mesmas que teñen os Franco  

Viñeta de Kiko da Silva na súa sección "A silveira" de El correo gallego.
3 meneos
12 clics

Entrevista a Miguelanxo Prado: "Amani ten a sorte de ter déficit de testosterona"  

'Amani' é un albúm ilustrado infantil con texto e ilustracións de Miguelanxo Prado que cuestiona os actuais roles de masculinidade cun personaxe cachazudo e non competitivo. A historia de Amani está baseada nun caso real dun hipopótamo sudafricano con menos testosterona do normal, que o converten nun animal pouco territorial, e empático coa contorna e os animáis doutras especies.

menéame