Cousas da Galiza

encontrados: 9, tiempo total: 0.012 segundos rss2
2 meneos
3 clics

A Xunta establece o nivel máximo de restricións no país

Peche perimetral de todos os concellos, limitación de reunións a persoas conviventes, peche da hostalaría, límite de horarios comerciais ás 18:00, peche dos centros comerciais nas fins de semana e retraso da volta ás aulas universitarias, entre as principais medidas.
3 meneos
3 clics

Aumentan até 421 os contaxios en centros educativos e fecha unha escola infantil en Celanova

Foron 18 casos máis en 24 horas na Galiza que xa conta con 23 aulas en corentena.
5 meneos
6 clics

Detido o pai dunha alumna que se negaba a levar máscara

Ocorreu no CEIP San Pedro de Visma. Foi esposado pola policía tras un intento de agresión cunha muleta que atopou e que usaba outra alumna. Dende o centro confirmáronnos que o episodio aconteceu sen presencia de alumnado. “Foi un momento moi desagradable”, dinos o seu director.
5 meneos
4 clics

Primeiro rebrote de coronavirus en Galicia con nove casos en Ribeira e A Pobra  

O xerente do SERGAS confirmou na tarde deste domingo o 1º foco de rebrote do coronavirus que se detecta nos últimos días, situado na comarca do Barbanza. Os casos serían importados xa que a súa orixe estaría nunha persoa que chegou de viaxe do Brasil. Ningún dos nove contaxiados requeriu polo momento hospitalización. Os tests PCR realizados aos contactos confirman 9 contaxios. A infeción detectouse o venres. O 1º contaxio é da filla da persoa que regresou a Galiza despois de estar en Brasil e regresou nun voo a Lisboa.
20 meneos
20 clics
A Xunta incumpre o número mínimo de camas UCI en Pontevedra e Lugo

A Xunta incumpre o número mínimo de camas UCI en Pontevedra e Lugo

Os hospitais de Pontevedra e Lugo non contan con camas suficientes nas Unidades de Coidados Intensivos, segundo o Sindicato de Enfermaría. O Estado exixía dispor de entre 1,5 e 2 camas UCI por cada 10.000 habitantes para avanzar no desconfinamento e frear a pandemia, unha capacidade que Galiza debe garantir.
10 10 2 K 30
10 10 2 K 30
5 meneos
5 clics

A Xunta adxudica centos de prazas de campamentos para nenos sen medidas de protección fronte ao COVID-19

A Consellería de Política Social adxudicou o 1 de xuño varios paquetes de actividades da Programación das Actividades de Educación non formal da campaña de verán 2020, os coñecidos como campamentos de verán para menores, nos que non tivo en conta as actuais medidas de protección aprobadas polo Goberno central, e pola propia Xunta, para facer fronte ao COVID-19.
4 meneos
13 clics
19 meneos
120 clics
Envío erróneo o controvertido, por favor lee los comentarios.
O PPdeG “celebra” a súa "vitoria" nas eleccións de hoxe, suspendidas hai 3 semanas polo coronavirus

O PPdeG “celebra” a súa "vitoria" nas eleccións de hoxe, suspendidas hai 3 semanas polo coronavirus

O secretario xeral do Partido Popular da Galicia di que é unha “honra” e un “orgullo” os resultados dunha enquisa que analiza a intención de voto nestes días e que outorga ao seu partido 44 escanos. A día de hoxe, domingo 5 de abril, Galiza supera as 5.000 persoas infectadas por este virus, máis de mil hospitalizadas, 169 delas na UCI, e a cifra de vítimas mortais está en 216.
9 10 7 K 54
9 10 7 K 54
5 meneos
3 clics

Nestor Rego decide quedar en Madrid

"Após asistir esta semana a dúas reunións da Xunta de Portavoces do Congreso, decidín ficar en Madrid. Estou perfectamente, mais acho que é a decisión correcta, por prudencia e por responsabilidade para cos meus, coa miña xente e co meu País. E aquí permanecen, ao pé do canón, traballando desde a casa, @ares_bego e @comumola, a equipa do Bloque no Congreso".

menéame