Cousas da Galiza

encontrados: 3, tiempo total: 0.004 segundos rss2
3 meneos
14 clics

Descobren un pene de pedra que se utilizaba no Reino de Galiza hai cinco séculos, durante as guerras Irmandiñas, para afiar armas

O "pene de pedra" das guerras irmandiñas desenterrado na Torre de Meira dá a volta ao mundo. O artefacto esperta o interese dos arqueólogos pola súa forma, pouco habitual na época medieval, e mesmo das páxinas do National Geographic.
Este enigmático obxecto de 15 centímetros en forma de pene foi desenterrado na Torre medieval de Meira, situada na Ría de Vigo por un equipo de expertos que estima a súa antigüidade nuns 500 anos.
Aínda que ao principio os investigadores de Arbore Arqueoloxía non entendían o propósito do obxecto, agora cren que o pene podería ter unha función moito máis…
12 meneos
269 clics
Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega  

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada.
A interpretación dixital e a prosprección arqueolóxica en campo permitiu coñecer máis sobre Castro Valente ou A Cerca, unha fortaleza da época romana dunhas 10 hectáreas situada entre Padrón e A Estrada. Os arqueólogos da Universidade de Santiago de Compostela Mario Fernández-Pereiro e José Carlos Sánchez-Pardo publicaron recentemente, dentro do proxecto "Castelos no aire", un artigo que indaga na tipoloxía e técnica construtiva do sistema defensivo…
4 meneos
12 clics

Excepcional achado dunha gran vila romana en Castro de Rei, que podería estar relacionada con Teodosio

Unha escavación para situar unha torreta eléctrica. Este foi o motivo que deu lugar a un dos achados máis singulares dos últimos tempos para o mundo romano en Galicia. Trátase dunha vila romana de gran luxo, e previsiblemente boas dimensións que dominaría unha gran chaira fértil ó pé do río Azúmara en Castro de Rei. O achado produciuse no lugar de Escouredos, na parroquia de Coea deste concello, durante unha prospección para instalar unha torre torre de alta tensión.

menéame