José Antonio Vázquez Villar ía ser o futuro xefe de seguridade do Parlamento Galego. Ía ser porque, finalmente, no foi nomeado para o cargo. Un bloqueo no que pesa o pasado deste comisario xefe da policía autonómica xubilado xa que foi condenado en 1976 por “maltratar a detidos pola súa ideoloxía política”.