Se chove...

Chovía. Sempre chove. É bo pra horta, din.

Pero eu non podo fa'er nada mentres chova!

Chovía. Sempre chove. É bo pra o medioambiente. Chéanse os pantanos.

Pero eu non podo fa'er nada mentres chova!

Chovía. Sempre chove. É Bo pra o esprito. 

Ao final non se pode facer nada en Galiza!

(Salvo perderse nas súas fragas e montes, e veder nos prados e na beira do mar aínda sempre hai verde!)

Se non chove. E se chove... 

Se chove! Deixa chovere! Se orballa deixa orballare!

Por máis que chova e vente de ti non me ide aparte!

E vou bicarte nos beizos, rula!