Todo sobre Galicia
9 meneos
27 clics
Denuncian que a cidade deportiva do Celta está vertendo fecais sobre os mananciais das traídas

Denuncian que a cidade deportiva do Celta está vertendo fecais sobre os mananciais das traídas  

Ecoloxistas en Acción denuncia que a cidade deportiva do Celta está vertendo fecais sobre os mananciais das traídas de auga de Mos. Así, tras o aviso dun vecino da zona, membros da ONG inspeccionaron o perimetro nordeste que limita co monte de Tameiga, atopándose cunha tubería de gran diametro que sae soterrada da cidade deportiva, a altura da cuba de refugallos, “e verte a uns metros ladeira abaixo, coa boca da tubaxe ben agochada entre arbustos”. A zona de vertido desta tubería é xusto na ladeira do monte de Tameiga onde a poucos metros se atopan varios pozos de extracción das traídas de auga veciñais de Mos, “que abastecen a gran parte dos fogares das varias parroquias de Tameiga, Petelos e Sanguiñeda”.
6 meneos
15 clics
Anuncian huelga en Lavacolla por la sobrecarga de trabajo tras el cierre del aeropuerto de Vigo

Anuncian huelga en Lavacolla por la sobrecarga de trabajo tras el cierre del aeropuerto de Vigo

El cierre temporal del aeropuerto de Vigo hasta el 31 de mayo, con el consiguiente desvío de toda su operativa a Santiago, ha provocado un incremento previsto de la actividad en más de 700 vuelos durante las próximas semanas y los trabajadores de la terminal compostelana subrayan la “sobrecarga de trabajo” que han tenido que asumir ya desde el primer día. Roberto Rivas, delegado sindical de UGT en el aeropuerto de Santiago, señala que “la situación es insostenible”, con un “déficit de personal evidente”, lo que les ha llevado a fijar dos días de huelga las jornadas del 16 y 17 de mayo. “Xa se notou este luns, con máis de 90 operacións durante toda a xornada, cifras dos días grandes da Semana Santa. Non se reforzou o persoal e este luns xa se rexistraron varios exemplos de saturación".
8 meneos
12 clics
Luísa Villalta: a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024

Luísa Villalta: a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024  

Luísa Villalta é a autora homenaxeada para o Día das Letras Galegas neste ano 2024. Naceu en 1957 e tras licenciarse en Filología Hispánica y Filología Gallego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela tamén se licenciou en violín o que lle fixo formar parte da Orquesta de Santiago de Compostela dende 1985 e, posteriormente, da Xove Orquestra de Galicia. Escribiu poesía, teatro, narrativa e ensaio. En 2004 faleceu, aos 46 anos, de forma prematura a causa dunha meninxite.
7 meneos
11 clics
Ata 43 municipios galegos en risco de que peche unha das súas sucursais bancarias tras a OPA hostil do BBVA ao Sabadell

Ata 43 municipios galegos en risco de que peche unha das súas sucursais bancarias tras a OPA hostil do BBVA ao Sabadell

A oferta pública de adquisición (OPA) hostil sobre o 100 % das accións de Banco Sabadell lanzada este xoves polo BBVA poría en perigo oficinas en ata 43 municipios galegos, onde ambos os bancos dispoñen de sucursais. En concreto, segundo datos do Banco de España recompilados por Europa Press, en Galicia hai 116 sucursais do banco de orixe vasca, así como 64 da compañía catalá. En total, entre ambas as entidades suman ata 180 oficinas na Comunidade. Desta maneira, BBVA está presente en 73 localidades galegas, mentres que o Banco Sabadell en 45 municipios de toda Galicia, sobre todo nas provincias da Coruña e Pontevedra. Deste total, ata 43 concellos da Comunidade contan con ambas as sucursais, o que, se se producise finalmente esta compra, podería supor o peche dalgunha das oficinas.
« anterior1234

menéame