Todo sobre Galicia
12 meneos
49 clics
Nace AGalega, a plataforma dixital de contidos da CRTVG

Nace AGalega, a plataforma dixital de contidos da CRTVG

“AGalega é moito máis”. Este é o slogan co que nace a plataforma dixital de contidos audiovisuais da CRTVG: AGalega. AGalega incorpora máis de 1.400 contidos audiovisuais que están xa a disposición da audiencia, a demanda, e cun abano de títulos que abarca desde as series e programas míticos da TVG ata espazos nativos dixitais desenvolvidos exclusivamente para a plataforma. Á AGalega pode accederse vía web a través de www.agalega.gal, e tamén pode descargarse AGalega (escrito sen espazos) desde Google Play e App Store. En febreiro estará dispoñible nas televisións intelixentes, en Fire TV, LG e Samsung.

| etiquetas: agalega , plataforma , crtvg , streaming , a demanda , xabarín
10 2 0 K 24
10 2 0 K 24

menéame