2 meneos
2 clics
Bren, o (rei) mago coruñés
O antropólogo alemán Kurt Görtheveiller na súa monumental obra Lendas dos vinte mares compila algunha das lendas da cidade asolagada de Orzán, entre elas a de Bren, o astrónomo. Outra referencia á lenda de Bren atópase no coñecido como Beato de Caaveiro, un códice do século XI, no que aparece unha imaxe única da adoración dos magos na que canda os tres magos da tradición europea hai un cuarto, de face verdosa e escamada, cunha barba de prata na que se enxergan o que semellan lapas e que está prostrado ante a virxe María e o seu fillo ofrecendo unha piña de percebes.
|
comentarios cerrados