2 meneos
2 clics
IV Maratón Fotográfico Nacional da Fnac [GAL]
Concurso fotográfico é o que nos propón a Fnac para o vindeiro sábado, día 31 que, se o home do tempo non se trabuca, parece que gozaremos dun día de sol. Aínda que, por estas latitudes, nunca se sabe. Todo amante da fotografía, amateur ou profesional, poderá participar no IV Maratón Fotográfico Nacional da Fnac, que se celebrará en todas as tendas de España ao mesmo tempo. Da o mesmo se tes a última cámara do mercado ou se queres facer instantáneas co teu móbil: só tes que presentarte ás 11.00 h. do sábado no edificio da Fnac. Alí realizarase a inscrición, que é gratuíta. O límite de prazas é de 250 persoas. Unha vez listos os participantes, desvelarase a temática a fotografar. Por dar algunha pista, diremos que o ano pasado consistiu en retratar como cambiou a cidade nos últimos anos.
|
Click para ver los comentarios