Todo sobre Galicia
3 meneos
2 clics

Doce carreiras pola lingua percorrerán 12 localidades galegas entre o 5 e o 16 de maio [GAL]

O Correlingua, percorrerá doce localidades galegas entre o 5 e o 16 de maio, baixo o lema: "Galego, o paso adiante" en diálogo aberto co escritor lugués homenaxeado este 2014, Xosé María Díaz Castro, quen, no inesquecíbel Penélope, falaba do abalar da historia de Galiza: “un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move”. Pois ben, neste ano en que se cumpre o 1º centenario do nacemento do escritor, o Correlingua quere responder desde o presente que avanzamos coa nosa lingua, porque o galego é un deses pasos adiante que citaba o poeta.

| etiquetas: correlingua , galicia , xosé maría díaz castro

menéame