As obras estiveron en marcha arredor de dous anos e, segundo explican fontes coñecedoras do proxecto, chegouse a executar o 90% do orzamento, que ascendía a 16 millónes de euros. Apenas quedaban “remates finais” cando chegou a fracasada fusión das caixas galegas (2010) e desde entón todo é silencio. O cine Fraga representa, sen querelo, o exemplo máis monumental do fracaso do sistema bancario galego.
En Vigo non se sabe en que estado se atopa o que foi o cine máis grande de Galicia, inaugurado en 1948, con 1.758 localidades, e pechado en 2001.