Todo sobre Galicia

encontrados: 2, tiempo total: 0.012 segundos rss2
9 meneos
27 clics
Denuncian que a cidade deportiva do Celta está vertendo fecais sobre os mananciais das traídas

Denuncian que a cidade deportiva do Celta está vertendo fecais sobre os mananciais das traídas  

Ecoloxistas en Acción denuncia que a cidade deportiva do Celta está vertendo fecais sobre os mananciais das traídas de auga de Mos. Así, tras o aviso dun vecino da zona, membros da ONG inspeccionaron o perimetro nordeste que limita co monte de Tameiga, atopándose cunha tubería de gran diametro que sae soterrada da cidade deportiva, a altura da cuba de refugallos, “e verte a uns metros ladeira abaixo, coa boca da tubaxe ben agochada entre arbustos”. A zona de vertido desta tubería é xusto na ladeira do monte de Tameiga onde a poucos metros se atopan varios pozos de extracción das traídas de auga veciñais de Mos, “que abastecen a gran parte dos fogares das varias parroquias de Tameiga, Petelos e Sanguiñeda”.
3 meneos
3 clics

A metade da poboación galega xa centra a súa vida nas cidades [GAL]

Case millón e medio de persoas desenvolven as súas actividades cotiás nos sete grandes núcleos de poboación do país. Compostela é a cidade na que a poboación flotante ten máis peso. O certo é que o rural está cada vez máis despoboado e a poboación que vai quedando, máis concentrada, ata o punto de que o padrón municipal xa reflicte que o 70% da poboación se concentra en menos de 60 concellos. Non obstante, esta concentración é, na realidade, aínda maior.

menéame